8 resultados

Ata o 22/09/2026
prazo ampliado.
No marco do Congreso DATAfórum Xustiza 2026, que terá lugar os días 21, 22 e 23 de outubro de 2026 na Coruña, lánzase a convocatoria artística “Arte e xustiza na era dos datos” co obxectivo de vincular elmundo da arte, a historia, a xustiza e a tecnoloxía nunha exposición colectiva de alto valor simbólico e plástico. Disciplinas artísticas admitidas: • Pintura • Fotografa • Escultura • Arte dixital

Dende o 01/09/2026 ata o 30/09/2026
Cos premios do programa Xuventude Crea, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, trata de favorecer o traballo creativo da xuventude galega, coa finalidade de fomentar a actividade creadora, facilitar a súa promoción e a difusión da súa obra nas especialidades de artes plásticas, arte urbana, banda deseñada, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, DJ (disc-jóckey), fotografía, moda, música, novela curta, poesía, teatro e videocreación.

Ata o 19/10/2026
ás 15.00 h
O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca o Concurso Nacional "Unha Constitución para todos" correspondente ao ano 2026, co obxectivo de estimular e promover no alumnado a reflexión sobre o valor, a importancia e o papel que xoga na vida cotiá a nosa Constitución.

Ata o 20/09/2026
O Concello de Igualada e a empresa CEINA convocan o XXX Premio de Arte Dixital Jaume Graells.

Ata o 02/10/2026
A Oficina para a Igualdade de Xénero da UDC, dependente da Vicerreitoría de Igualdade e Diversidade, convoca un concurso coa finalidade de darlle difusión, publicidade e visibilidade ao protocolo ante situacións de acoso da UDC a través do deseño dun cartel, vídeo, podcast, microrrelato ou micropoema.

Ata o 15/10/2026
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da USC, co apoio do Servizo de Normalización Lingüística, convoca a 5ª edición do concurso Petiscos de ciencia de vídeos de divulgación científica.

Ata o 28/09/2026
Cos obxectivos de estimular a presenza do galego na comunicación e a divulgación científicas e de fomentar a existencia de recursos divulgativos audiovisuais neste idioma, a Vicerreitoría de Cultura, Lingua e Patrimonio da USC, a través do Servizo de Normalización Lingüística (SNL), convoca o XI Concurso de subtitulación de vídeos TED ao galego.

Ata o 30/12/2026
O Concello de Santiago de Compostela convoca unha nova edición do Premio Xohana Torres de Ensaio, Investigación e Creación Audiovisual sobre as Mulleres na Sociedade Galega 2026.
resultados 8
Ata o 13/10/2026
Ata o 02/10/2026
Dende o 10/09/2026 ata o 30/09/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible