7 resultados

até as 14:00 h.
Ata o 18/12/2026
A Deputación da Coruña convoca a I Edición do Premio de Pódcast «Transmitindo na Lingua Galega», que recoñece e promove a creación de contidos sonoros en lingua galega.

Dende o 05/10/2026 ata o 01/03/2027
O Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 convoca os premios nacionais do concurso escolar Consumópolis para o curso académico 2026-2027 que ten como obxectivo favorecer a aprendizaxe de conceptos, procedementos e actitudes que posibilitan a construción dunha sociedade de consumo cada vez máis xusta, solidaria e responsable.

Dende o 01/10/2026 ata o 15/10/2026
ás 12.00 horas
DiscoverEU é unha acción do programa Erasmus+ que che ofrece, a través dun bono de viaxe, a posibilidade de explorar a diversidade de Europa, aprender sobre o seu rico patrimonio cultural e a súa historia, percorrer as súas vibrantes cidades, descubrir a súa maxestosa natureza e conectar con persoas de todo o continente.

Ata o 04/12/2026
O Ministerio De Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030, pola que se convocan os Premios Estratexia NAOS, edición 2026. A concesión destes premios inclúese no marco da Estratexia NAOS que pretende impulsar as iniciativas que entre os seus obxectivos básicos impulsen a prevención da obesidade e outras enfermidades non transmisibles derivadas, a través dunha alimentación saudable e a práctica regular de actividade física.

Ata o 30/11/2026
A Fundación Princesa de Girona convoca unha nova edición dos premios que levan o seu mesmo nome.

Ata o 30/11/2026
O Concelllo de Lalín convoca o XXXIII Premio Internacional de Xornalismo Gastronómico "Álvaro Cunqueiro", organizado en colaboración coa Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, entidades gastronómicas galegas e a Axencia Turismo de Galicia, que ten como obxectivo difundir a gastronomía galega e recoñecer o traballo de xornalistas, escritores e estudantes.

Ata o 03/02/2027
O Ministerio de Defensa convoca os Premios Exército que teñen por obxecto propiciar a creación artística e literaria referida ás múltiples actividades do Exército de Terra (ET) español no marco das Forzas Armadas, así como fomentar o coñecemento e a divulgación na sociedade da vida militar.
resultados 7
Dende o 02/10/2026 ata o 09/10/2026
Dende o 05/10/2026 ata o 27/10/2026
Dende o 09/10/2026 ata o 31/10/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible