9 resultados

Ata o 30/11/2026
A Fundación Princesa de Girona convoca unha nova edición dos premios que levan o seu mesmo nome.

Ata o 30/11/2026
O Concelllo de Lalín convoca o XXXIII Premio Internacional de Xornalismo Gastronómico "Álvaro Cunqueiro", organizado en colaboración coa Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, entidades gastronómicas galegas e a Axencia Turismo de Galicia, que ten como obxectivo difundir a gastronomía galega e recoñecer o traballo de xornalistas, escritores e estudantes.

Ata o 03/02/2027
O Ministerio de Defensa convoca os Premios Exército que teñen por obxecto propiciar a creación artística e literaria referida ás múltiples actividades do Exército de Terra (ET) español no marco das Forzas Armadas, así como fomentar o coñecemento e a divulgación na sociedade da vida militar.

Ata o 31/08/2026
A Biblioteca Provincial Deputación da Coruña organiza o concurso "A miña eclipse 2026" coa finalidade de que a túa experiencia forme parte da memoria colectiva da biblioteca.

Ata o 07/09/2026
O Concello de Badaxoz a proposta da Concellaría de Cultura convoca o 23 Premio de Xornalismo Cidade de Badaxoz 2026 “Francisco Rodríguez Arias”

Ata o 02/10/2026
A Oficina para a Igualdade de Xénero da UDC, dependente da Vicerreitoría de Igualdade e Diversidade, convoca un concurso coa finalidade de darlle difusión, publicidade e visibilidade ao protocolo ante situacións de acoso da UDC a través do deseño dun cartel, vídeo, podcast, microrrelato ou micropoema.

Ata o 30/09/2026
Convócase a IX Edición dos Premios "Rafael Crecente" a ideas innovadoras relacionadas co desenvolvemento rural, a conservación do medio ambiente ou a mellora da xestión territorial en sentido amplo en Galicia, polo Instituto de Biodiversidade e Desenvolvemento Rural (IBADER) e o Laboratorio do Territorio (LaboraTe).

O prazo de presentación de traballos académicos de curso de grao remata o 31 de xullo de 2026.
O prazo de presentación de traballos de fin de grao e de fin de mestrado remata o 30 de setembro de 2026.
A Vicerreitoría de Cultura, Lingua e Patrimonio a través do Servizo de Normalización Lingüística, co fin de promover o uso da lingua galega ligada á calidade formal na elaboración e defensa dos traballos académicos do alumnado, resolve convocar os “XXII Premios á calidade lingüística en galego dos traballos académicos, traballos de fin de grao e traballos de fin de máster” do curso 2025-2026.

Ata o 18/09/2026
18:00 h.
Con motivo da conmemoración do 50º aniversario da Asociación Provincial de Empresarios da Construción da Coruña (APECCO), a Organización convoca o “Concurso 50º Aniversario APECCO”, co obxectivo de seleccionar unha obra artística orixinal que actúe comosímbolo conmemorativo do 50º aniversario de APECCO.
resultados 9
Dende o 19/09/2026 ata o 26/09/2026
08/09/2026
Dende o 01/09/2026 ata o 03/09/2026
na EASD Pablo Picasso.
07/09/2026
os días 28, 29, 30 e 31 de xullo, así como o día 1 de setembro de 2026.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible