Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

CanteirIA: Programa de IA e Emprendemento para a mocidade

O programa CanteirIA é unha experiencia inmersiva de catro días en Ribadavia pensada para converter ideas en proxectos reais. Ao longo da formación aprenderás a crear o teu primeiro MVP empregando as ferramentas de intelixencia artificial máis actuais, sen necesidade de ter coñecementos de programación. Ademais, o programa inclúe aloxamento e manutención para que poidas centrarte por completo en desenvolver a túa idea.

Cando:

Dende o 24/09/2026 ata o 27/09/2026

Inscricións:

Ata o 16/08/2026

Número de prazas:

15 prazas.

Prezo:

De balde.

Requisitos:

  • Dirixido a mozos e mozas de Galicia e do Norte de Portugal cunha idea ou proxecto que queiran materializar usando as ferramentas de IA.
  • *Valorarase a complementariedade de perfís: tecnoloxía, deseño, negocio, comunicación, sector rural, economía social.

Páxina web:

https://xuventude.xunta.gal/desafios-jovens

Contacto:

Dirección Xeral de Xuventude

Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, planta 0 - 15707 Santiago de Compostela

Tel.: 881 997 610

informacion.xuventude@xunta.gal

¿Qué farás cada día?

Día 1 - Chegas, coñeces ao equipo, presentas a túa idea e formas equipo con outros perfís complementarios.

Día 2 - Defines o problema, a clientela e o modelo de negocio. Visita guiada a Ribadavia.

Día 3 - Constrúes o MVP con IA e no‐code: app, prototipo ou landing page funcional nun día.

Día 4 - Presentas o teu proxecto, recibes feedback e marchas cun roadmap para os próximos 30 días.

¿Qué inclúe?

  • Aloxamento e manutención completa
  • Materiais
  • Acompañamento por facilitadores especializados en emprendemento
  • Deseño de produto e IA
  • Actividades de convivencia
  • Sesión de seguimento en liña 30 días despois do programa

*Non están incluídos os desprazamentos de ida e volta ata Ribadavia.

Recoméndase vir con portátil propio; se non é posible, a organización dispón de algúns equipos de apoio e é posible compartilos entre participantes.

INSCRÍBETE EN:

https://apunta.xunta.gal/gl/form/canteiria-programa-ia-mocidade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión