Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Curso online "Interpretación temática en espazos naturais protexidos"

Dentro do programa ‘Para unha Transición Ecolóxica’ o CEIDA acaba de abrir a inscrición para a 6ª edición do Curso online ‘Interpretación temática en espazos naturais protexidos’, que este ano contará cunha análise de caso no Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes. A formación estará impartida polo experto en interpretación Jorge Morales Miranda, e contará cos coñecementos do profesional da Educación Ambiental e membro do equipo do CEIDA, Jorge Gude Armas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 02/06/2026 ata o 22/06/2026

Número de prazas:

Prazas limitadas

Prezo:

De balde.

Requisitos:

Imprescindible inscrición a través do seguinte formulario

Páxina web:

https://www.ceida.org

Contacto:

CEIDA - Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia

Castelo de Santa Cruz, s/n. 15179 - Liáns (Oleiros)

Tel. 981 630 618

ceida@ceida.org

CARACTERÍSTICAS

  • 30 horas.
  • Plataforma Moodle.
  • 5 módulos con exercicios prácticos.
  • Charlas semanais en directo.
  • Titorías persoais e seguimento personalizado.
  • Foro de dúbidas e cuestións xerais.
  • Idioma: español.
  • Diploma acreditativo.

CONTIDOS

  • Módulo 0. Coñecendo o Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes.
  • Módulo 1. Introducción á Interpretación do Patrimonio:
    • O contexto da interpretación.
    • Finalidades e definicións.
    • Os principios de Freeman Tilden.
    • Interpretación secuencial e non secuencial
  • Módulo 2. Metodoloxía da interpretación:
    • Os tres pilares da interpretación:
      • O Recurso.
      • O Público Visitante.
      • As Técnicas.
      • Análise de  un caso: Visitas guiadas no Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes.
    • Fundamento metodolóxico para a interpretación: o modelo TORA de Sam Ham:
      • Temática.
      • Organizada.
      • Relevante.
      • Amena.
    • A mensaxe "interpretativa".
  • Módulo 3. Interpretación secuencial (guiada):
    • O proceso da interpretación para deseñar produtos interpretativos:
    • A interpretación guiada.
      • Recomendacións para o deseño.
      • Recomendacións  para a execución do percorrido.
  • Módulo 4. Interpretación no secuencial (autoguiada):
    • Carteis e exhibicións interpretativas.
      • Recomendacións  para o deseño.
  • Módulo 5. Avaliación de produtos e servizos interpretativos.
    • Avaliación  de produtos interpretativos, incluído o "tema".
    • Avaliación  do impacto no público: o procesamento do "tema".

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión