A Academia Galega de Seguridade Pública convoca o curso de formación para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas durante o ano 2026.
Para público en xeral
Ata o 04/01/2027
As solicitudes para cada edición concreta do curso admitiranse ata 10 días hábiles antes da súa realización
Gratuíto
Unha vez superado o curso, para obter a habilitación haberá que aboar a correspondente taxa administrativa.
Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)
Avenida da Cultura, s/n (36680 - A Estrada, Pontevedra)
correo-e: seleccion.agasp@xunta.gal
Tel.: 886 20 61 16 - 886 20 61 09
Publicación: DOG 29/12/2025
Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento PR471A
TEMARIO:
O temario estará dispoñible na páxina web da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior na seguinte ligazón: https://conselleriadepresidencia.xunta.gal/informacion-espectaculos-publicos (apartado «Información para o persoal controlador de acceso»)
SOLICITUDES: o prazo para a presentación das solicitudes permanecerá aberto ata o día 4 de xaneiro de 2027, pero as solicitudes para unha edición concreta do curso admitiranse ata como máximo 10 días hábiles antes da realización da dita edición do curso, segundo o CALENDARIO das edicións do curso para o ano 2026:
Cando se acade un número mínimo de 20 solicitudes, a AGASP programará a súa realización e publicará na súa web a listaxe de persoas admitidas e as excluídas en cada edición e as persoas interesadas recibirán un correo-e e un sms, en que se indicará toda a información relativa ao curso (data de realización e horario).
LUGAR: desenvolverase na sede da Academia Galega de Seguridade Pública (A Estrada, Pontevedra) e o horario das clases será das 10.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 17.30 h.
Dende o 05/04/2026 ata o 25/04/2026
Dende o 07/04/2026 ata o 18/05/2026
ás 15:00 horas.
Dende o 25/03/2026 ata o 09/04/2026
Ata as 13:00 h.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible