Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Cursos de inglés laboral do programa Desafíos Jovens

A D.X. Xuventude, da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, convoca a segunda edición do cursos de formación en Inglés Laboral (niveis básico e intermedio) dirixidos á mocidade de Galicia e Portugal, no marco do programa Desafíos Jovens de cooperación transfronteiriza da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 01/09/2026 ata o 26/11/2026

Inscricións:

Ata o 13/07/2026

Prezo:

de balde

Requisitos:

Mozos e mozas residentes en Galicia ou Portugal que teñan unha idade comprendida entre os 18 e os 30 anos no momento de iniciar o curso.

Páxina web:

https://xuventude.xunta.gal

Contacto:

Dirección Xeral de Xuventude

Edif. Adm. San Lázaro, planta 0 (15707 - Santiago de Compostela)

correo-e: desafiosjovens.xuventude@xunta.gal

CURSOS DE INGLES LABORAL: NIVEL BÁSICO e NIVEL INTERMEDIO  (2ª edición) 

  • Duración: 40 horas
  • Prazas: 20 para nivel básico e 20 para nivel intermedio
  • Datas: do 01/09/2026 ao 24/11/2026 (nivel básico) e 26/11/2026 (nivel intermedio)
  • Horario: martes 18:00-19:30 h (nivel básico) e xoves 17:30-19:00 h (nivel intermedio)

*O horario e o contido das clases están suxeitos a cambios, en función do desenvolvemento de cada curso.

MODALIDADE: teleformación

INSCRICIÓN: do 25 de xuño ao 6 de xullo de 2026 mediante formulario electrónico dispoñible en https://xuventude.xunta.gal (admisión por rigoroso orde de inscrición)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión