Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Cursos de lingua galega niveis Celga 2, Celga 3 e Celga 4
A Conselllería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Secretaría Xeral da Lingua, convoca cursos de lingua galega, presenciais e en liña, preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Dende o 12/02/2026 ata o 05/03/2026
Duración:
Con carácter xeral, cada curso terá unha duración de 70 horas lectivas.
Prezo:
Gratuítos.
Requisitos:
Persoas maiores de dezaseis anos ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen mellorar o seu coñecemento e dominio do galego e preparar as probas para certificar a competencia.
As persoas interesadas en inscribirse nos cursos, presentarán a súa solicitude a través da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral da Lingua.
As persoas solicitantes dun curso en liña deberán dispoñer dun ordenador con conexión á internet (de banda larga), de navegador web (recoméndase ter instalada a última versión de Firefox), aceso á conta de correo electrónico especificada na solicitude de inscrición e un micrófono ou calquera medio alternativo que permita a gravación de voz en formato electrónico (mp3 ou equivalente).
Os cursos presenciais terán lugar na Coruña, Ferrol, Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Madrid.
Programación de cursos Celga presenciais na Coruña:
Celga 2: CIFP Paseo das Pontes. Datas: do 30.3.2026 ao 21.5.2026. Horario: de luns a xoves, das 18.30 ás 21.00 h. Núm. de prazas: 35.
Celga 4: IES Eusebio da Guarda. Datas: do 30.3.2026 ao 21.5.2026. Horario: de luns a xoves, das 18.30 ás 21.00 h. Núm. de prazas: 35.
Programación de cursos Celga en liña:
Celga 2: 11 edicións. 385 prazas. Datas: do 30.3.2026 ao 21.5.2026
Celga 3: 8 edicións. 280 prazas. Datas: do 30.3.2026 ao 21.5.2026
Celga 4: 17 edicións. 595 prazas. Datas: do 30.3.2026 ao 21.5.2026
A realización dos cursos non dará dereito a ningún tipo de certificación, pois trátase de cursos de carácter preparatorio das probas conducentes á obtención dos certificados de lingua galega (Celga).
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible