Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Cursos de prevención de riscos laborais, nivel básico
A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración co Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, convoca tres edicións do curso en materia de prevención de riscos laborais na modalidade de teleformación.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Cando:
Dende o 10/03/2026 ata o 08/05/2026
Inscricións:
Dende o 10/02/2026 ata o 20/02/2026
Duración:
60 horas.
Prezo:
De balde.
Requisitos:
Poderán participar nesta actividade formativa: persoal empregado público, persoas traballadoras por conta allea ou persoas autónomas, persoas traballadoras designadas e delegadas de prevención, persoas empresarias que asuman as funcións de prevención e aquelas persoas con inquedanzas no ámbito da prevención de riscos laborais.
As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil e, ao tratarse de actividades impartidas na modalidade de teleformación, deberán dispor dun ordenador con conexión á internet e un navegador web actualizado.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática.
Para poder superar a actividade de teleformación é necesario cumprir unha serie de requisitos obrigatorios na súa totalidade:
A adecuada realización de todas as actividades que o titor ou titora propoña.
A superación das probas de avaliación que para os efectos se establezan. A proba final do curso realizarase de xeito telemático a través da aula virtual o día 08 de maio ás 10.00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible