Cursos
- Nivel 1 - Inciación:
- Duración: 3 sesións de 2 horas cada unha.
- A quen vai dirixido?: Se nunca montaches en bicicleta e queres aprender dende cero.
- Custo: 24€.
- Reforzo e práctica:
- Duración: 2 sesións de 2 horas cada unha.
- A quen vai dirixido?: Se levas moito tempo sen montar e precisas traballar na confianza en ti e na túa bicicleta ao tempo que reforzas as túas capacidades de aprendizaxe.
- Custo: 16€.
- Nivel 2 - Habilidades:
- Duración: 3 sesións de 2 horas cada unha.
- A quen vai dirixido?: Se sabes montar pero precisas mellorar certas habilidades (mirar cara atrás, soltar unha man...) e gañar confianza.
- Custo: 24€.
- Nivel 3 - Circulación:
- Duración: 3 sesións de 2 horas cada unha.
- A quen vai dirixido?: Se tes un bo manexo da bicicleta pero fáltache un último empurrón para atreverte a circular pola cidade.
- Custo: 24€.
- Mecánica básica:
- Duración: 1 sesión de 2 horas.
- A quen vai dirixido?: Se queres coñecer e reparar a túa bici.
- Custo: 8€.
Condicións
- Se tes 13 anos ou máis, xa te podes anotar nos grupos de persoas adultas. No caso das persoas adultas, teñen bicicletas e cascos para emprestarvos durante a realización do curso. No caso das crianzas, a talla da bici varía moito en función da idade, estatura... polo que non poden garantir unha bicicleta axeitada, así que, en principio, deberás traer a túa. No caso de que non che sexa posíbel ponte en contacto coa Asociación. Non se devolverá o pago por este motivo.
- No pago está incluído: o curso, o seguro de accidentes (aínda que non vai acontecer nada malo), o rateado da cota de persoa asociada (danche de alta e baixa automaticamente sen que teñas que facer nada). Cofinancia Concello da Coruña. Ademais, no taller social Recyclos tes á túa disposición todo o que precisas para arranxar e pór a punto a túa bicicleta.
Datas
CURSOS PARA INFANCIA MES DE ABRIL
- Iniciación: sábado 11, sábado 18 e sábado 25 de abril, de 10:00 h a 12:00 h
- Iniciación: sábado 11, sábado 18 e sábado 25 de abril, de 12:00 h a 14:00 h
- Iniciación: domingo 12, domingo 19 e domingo 26 de abril, de 10:00 h a 12:00 h
CURSOS PARA PERSOAS ADULTAS MES DE ABRIL
- Iniciación: luns 6, mércores 8 e xoves 9 de abril, de 16:00 h a 18:00 h
- Iniciación: luns 20, mércores 22 e xoves 23 de abril, de 16:00 h a 18:00 h
- Reforzo: martes 7 e martes 21 de abril, de 16:00 h a 18:00 h
- Mecánica: luns 6 de abril, 18:00 h a 20:00 h
- Mecánica: luns 20 de abril, 18:00 h a 20:00 h
CURSOS PARA INFANCIA MES DE MAIO
- Iniciación: sábado 9, sábado 16 e sábado 23 de maio, de 10:00 h a 12:00 h
- Habilidades: sábado 9, sábado 16 e sábado 23 de maio, de 12:00 h a 14:00 h
CURSOS PARA PERSOAS ADULTAS MES DE MAIO
- Iniciación: luns 11, mércores 13 e xoves 14 de maio, de 16:00 h a 18:00 h
- Habilidades: luns 25, mércores 27 e xoves 28 de maio, de 16:00 h a 18:00 h
- Reforzo: martes 12 e martes 26 de maio, de 16:00 h a 18:00 h
- Mecánica: luns 25 de maio, de 18:00 h a 20:00 h
CURSOS PARA INFANCIA MES DE XUÑO
- Iniciación: sábado 6, sábado 13 e sábado 20 de xuño, de 9:00 h a 11:00 h
- Habilidades: domingo 7, domingo 14 e domingo 21 de xuño, de 10:00 h a 12:00 h
- Circulación: sábado 6, sábado 13 e sábado 20 de xuño, de 11:00 h a 13:00 h
CURSOS PARA PERSOAS ADULTAS MES DE XUÑO
- Iniciación: luns 1, mércores 3 e venres 5 de xuño, de 18:00 h a 20:00 h
- Circulación: luns 15, mércores 17 e xoves 18 de xuño, de 18:00 h a 20:00 h
- Reforzo: martes 7 e martes 21 de abril, de 16:00 h a 18:00 h
2ª EDICIÓN "CAMPA É +" XUÑO
- Actividade lúdica para crianzas que xa saiban montar en bicicleta: xoves 25, venres 26, luns 29 e martes 30 de xuño, de 10:00 h a 14:00 h.
- Onde: Avenida Labañou, 10 - 15011 - A Coruña
Inscrición aos cursos de abril: fai clic aquí, despois deberás iniciar sesión coa túa conta de Google (gmail) para cubrir o formulario.