Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Formación Expert@s en Transformación Dixital na Peme

Formación e mentorización en transformación dixital para persoas desempregadas ou traballadoras que queiran converterse en Axentes do Cambio Dixital. Obterán os coñecementos e habilidades necesarias para impulsar a transformación dixital nas empresas e con iso mellorar a produtividade e crecemento nacional e internacionalización.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Faranse varias edicións durante a duración do programa.

Inscricións:

O prazo está aberto permanentemente.

Duración:

3 meses aproximadamente.

Prezo:

Gratuíto.

Requisitos:

Requisitos persoais

  • Persoas novas ata 35 anos:
    • En situación de desemprego.
    • Ou ocupadas nunha PEME que teña entre 10 e 249 traballadores.

Requisitos académicos

  • Nivel de estudos requirido (unha das 3 opcións):
    • Con título de Grao Universitario ou cursando o último ano de carreira. Mínimo de seis meses de experiencia profesional previa, incluíndo prácticas.
    • Con título de FP Grao Superior. Mínimo de seis meses de experiencia profesional previa, incluíndo prácticas.
    • Con certificado de profesionalidade de nivel 3, título de Bacharelato ou de FP grao medio sempre que se teña unha experiencia laboral de mínimo dous anos nun posto vinculado a competencias dixitais.

Páxina web:

Formación Axentes do cambio

Contacto:

A túa Formación Importa

Tel.: 881 964 801 / 609 38 2378

hola@tuformacionimporta.com

https://tuimpulsodigital.es/formacion-axentes-do-cambio/

Normativa: BOE 12/11/2022

Descrición

  • Denominación EEFF: Xeración Dixital Axentes do Cambio
  • Familia Profesional: Informática e Comunicacións
  • Área Profesional: Información, Comunicación e Artes Gráficas

Contido

  • Formación:
    • Xestión empresarial e estratexia (20h)
    • Innovación (25h)
    • Os procesos co cliente (40h)
    • Tecnoloxía e habilitadores da transformación dixital (45h)
    • Habilidades (Soft Skill) (10h) (Transversal no tempo para ir aplicando nos roleplays os contidos técnicos do programa)
    • Mentorización Grupal de Proxecto Técnico (10h)
    • Introdución á xestión de proxectos
    • Formación en sustentabilidade emocional na contorna de traballo e aplicación práctica.
  • Mentorización (10 horas) para traballar individualmente un Plan de Transformación Dixital Empresarial.

¿Que se consegue?

  • Crear un Plan de Transformación Dixital para unha peme.
  • Profesionais capacitados para tomar decisións e guiar a transformación dixital.
  • Networking e experiencias compartidas con outros profesionais.
  • Coñecemento de experiencias sectoriais.
  • Participar nun proceso de orientación e intermediación laboral.
  • Incorporarse na bolsa de emprego Axentes do Cambio do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital.
  • A empresas que contraten Expert@s en Transformación Dixital recibirán 1000€/mes durante un período de ata 2 anos.

Acreditacións

Obterás as seguintes acreditacións:

  • Certificado Universidade Camilo José Cela (15 ECTS)
  • Diploma PMI Project Management + Acceso Exame
  • Certificación PMI Project Management Ready

Modalidade de impartición

  • Clases en modalidade presencial (45 horas) na Coruña (consultar outras poboacións).
  • Clases en directo (95 horas)

Inscrición

Formulario web

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión