Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
A Fundación Princesa de Xirona presenta o programa "Xeración Propósito 2.0" que impulsa a persoas novas con inquietude emprendedora a transformar ideas e proxectos en iniciativas con impacto real e sustentable, aliñadas cos grandes retos sociais e ambientais.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 12/04/2026
Prezo:
A participación no programa é gratuíta e non ten custo para o ou a participante.
A Fundación Princesa de Xirona farase cargo dos gastos de aloxamento e manutención dos e as novas seleccionados/as para o campus presencial.
Requisitos:
Persoas novas de 20-30 anos residentes no Estado español, con inquietude social, curiosidade, mentalidade emprendedora e compromiso co impacto.
Posuír un nivel formativo mínimo de Educación Secundaria Obrigatoria cun nivel de inglés medio.
A misión do programa é formar a unha nova xeración de axentes de cambio mediante capacitación, mentoría e acompañamento práctico, fortalecendo as súas habilidades para deseñar, implementar e escalar iniciativas que melloren a calidade de vida nas súas comunidades. O obxectivo é catalizar o liderado con propósito, xerando un ecosistema colaborativo no que persoas con vocación social desenvolvan solucións innovadoras para abordar desafíos sociais e ambientais e promover cambios sistémicos e sustentables.
Segmentación por nivel de madurez da iniciativa:
Itinerario Emprendimiento con Propósito en Fase de Preaceleración (PAC):
Mocidade que se presentan ao programa cunha inquietude para crear un proxecto con impacto, pero aínda non teñen unha idea clara nin un proxecto definido.
Buscan apoio e colaboración para formar equipo e converter o seu propósito nun proxecto tanxible e validado.
Itinerario Emprendimiento con Propósito en Fase de Aceleración (AC):
Mocidade que se presentan ao programa cunha iniciativa, piloto ou proxecto xa en desenvolvemento ou en fase inicial de ideación desenvolvida.
Buscan unha metodoloxía e acompañamento avanzados e ferramentas para escalar o seu proxecto rapidamente.
¿Que ofrece?
Formación cunha plataforma de IA avanzada.
Startup Weekends e campus presencial.
Rede de Mentores/as.
Comunidade Propósito e networking.
¿Como funciona?
O programa desenvolverase nun formato blended (híbrido) de tres fases diferenciadas:
Fase 1 "Construímos con propósito". Participantes: máximo 100 mozos. Formato: en liña e presencial.
Fase 2 "Lanzamos con propósito". Participantes: máximo 50 mozos. Formato: presencial.
Fase 3 "Escalamos con propósito". Participantes: mozos elixidos/as polos seus proxectos de impacto. Formato: en liña/presencial (a elección do mentor/equipo).
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible