Programa gratuíto de orientación laboral para axudar a persoas en desemprego a reactivar a súa procura de traballo con novas técnicas, acordes ao novo mercado laboral, para o que contan co asesoramento de persoal técnico especializado.
Para público en xeral
Agosto 2026 - Xaneiro 2027.
Ata o 17/08/2026
Gratuíto.
Estas Lanzadeiras de Emprego están formadas por grupos heteroxéneos de persoas en desemprego (+18 anos) que teñen un obxectivo común: actualizar e enfocar a súa procura de traballo para lograr o emprego que buscan.
Teñen un formato semipresencial, con sesións presenciais e en liña en horario de mañá, ao longo de cinco meses e medio.
Os seus participantes reciben recursos prácticos para mellorar a súa procura de emprego, actualizar as súas competencias dixitais e adaptarse aos postos emerxentes.
Programas:
Formacións técnicas en sectores con alta demanda: xestión administrativa e ferramentas aplicadas á xestión; atención ao cliente, comercio e reposición; xestión e loxística de almacén, así como o carné de carretilla; e limpeza profesional e prevención de riscos (PRL).
Actividades complementarias
Centro: Centro de Orientación e Emprendemento - COE, Rúa Rafael Alberti 4. Baixo
Dende o 05/07/2026 ata o 26/07/2026
Dende o 01/07/2026 ata o 30/07/2026
Ata o 31/10/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible