Programa gratuíto de orientación laboral para axudar a persoas en desemprego a reactivar a súa procura de traballo con novas técnicas, acordes ao novo mercado laboral, para o que contan co asesoramento de persoal técnico especializado.
Para público en xeral
Agosto 2026 - Xaneiro 2027.
ata esgotar prazas.
Gratuíto.
Estas Lanzadeiras de Emprego están formadas por grupos heteroxéneos de persoas en desemprego (+18 anos) que teñen un obxectivo común: Actualizar e enfocar a súa procura de traballo para lograr o emprego que buscan.
Teñen un formato semipresencial, con sesións presenciais e en liña en horario de mañá, ao longo de cinco meses e medio.
Os seus participantes reciben recursos prácticos para mellorar a súa procura de emprego, actualizar as súas competencias dixitais e adaptarse aos postos emerxentes.
Programas:
Formacións técnicas en sectores con alta demanda: xestión administrativa e ferramentas aplicadas á xestión; atención ao cliente, comercio e reposición; xestión e loxística de almacén, así como o carné de carretilla; e limpeza profesional e prevención de riscos (PRL).
Actividades complementarias
Centro: Centro de Orientación e Emprendemento - COE, Rúa Rafael Alberti 4. Baixo
08/09/2026
Dende o 01/09/2026 ata o 03/09/2026
na EASD Pablo Picasso.
07/09/2026
os días 28, 29, 30 e 31 de xullo, así como o día 1 de setembro de 2026.
Dende o 04/08/2026 ata o 31/08/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible