Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Outra Forma de Vivenda é Posible. Iniciativas cidadás e políticas para un hábitat digno

No Centro Ágora terán lugar as xornadas pedagóxicas e de divulgación, organizadas polo Concello a iniciativa de Outras Formas de Vivenda, arredor do dereito ao hábitat digno.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 16/06/2017 ata o 17/06/2017

Xa rematou

Horario:

  • Venres de 17.00-21.00h.
  • Sábado de 10.00-18.30h.

Prezo:

de balde.

Requisitos:

  • Entrada libre até completar capacidade.
  • Haberá intérprete de lingua de signos e servizo de conciliación/ ludoteca previa inscrición a través do e-correo de contacto (indicar número de rapaces ou rapazas, idade e día de asistencia).

Páxina web:

www.outraformadevivenda.org

Contacto:

Outra Forma de Vivenda

info@outraformadevivenda.org

Documentos:

.pdf Programa das xornadas (1 MB)

Obxectivo: reflexionar desde o colectivo sobre os novos modelos de vivenda, o papel da cidadanía no deseño e construción do seu propio hábitat, ou o rol das institucións como impulsoras destas novas fórmulas.

As xornadas servirán para comparar modelos de éxito, xerar ideas e ofrecer solucións, así como para profundizar sobre aspectos clave como a accesibilidade universal, a vida comunitaria en todas as súas vertentes e a sustentabilidade, sempre partindo do dereito á vivenda como dereito universal.

Coñeceranse diferentes iniciativas que se están dando no Estado sobre modelos alternativos de vivenda, dende perspectivas transversales que abranguen áreas como a sociedade dos coidados, a biocontrución, a diversidade funcional, problemática de acceso á vivenda, etc.

LUGAR: Centro Ágora R/ Lugar da Gramela, 17. 15010- A Coruña. Tel.: 981 189 888

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión