Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Plan de formación Anual da Dirección Xeral de Xuventude 2026

A Dirección Xeral de Xuventude, integrada na Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, impulsa de novo o seu Plan Anual de Formación para o ano 2026, con formación no ámbito do voluntariado e xuventude.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Prezo:

Gratuítos.

Páxina web:

https://voluntariadogalego.org/

Contacto:

Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado

Cursos voluntariado

Tel.: 900 400 800

voluntariado@xunta.gal

Cursos xuventude

Tel.: 981 544 840

escola.xuventude@xunta.gal

Área de voluntariado

Os cursos destinados ao voluntariado buscan ofrecer ferramentas básicas e prácticas tanto ao persoal técnico das entidades como ás persoas voluntarias, actuais ou futuras. Ademais da formación esencial en materia de voluntariado, nesta edición abórdanse temas como:

  • Voluntariado ambiental
  • Uso da intelixencia artificial no ámbito do voluntariado
  • Educación emocional e habilidades sociais
  • Apoio psicosocial

Área de xuventude

A formación diríxese a profesionais do lecer educativo e do tempo libre, persoal técnico que traballa con mocidade e tamén á propia xuventude. Os contidos inclúen:

  • Deportes náuticos
  • Comunicación e resolución de conflitos
  • Aplicación da IA
  • Inclusión no lecer
  • Formación para persoas delegadas de protección da infancia e adolescencia

Prazos

  • ​Cursos programados entre marzo e xuño: os formularios poderán cubrirse a partir das 09:00 h do luns 9 de marzo.
  • Cursos previstos de setembro a decembro: a inscrición abrirase ás 09:00 h do martes 1 de setembro.

Inscrición

Os formularios de inscrición - un por cada acción formativa - estarán accesibles no campus en liña da web de Voluntariado (https://formacion-voluntariadogalego.xunta.gal/). Os formularios permanecerán abertos ata completar as prazas.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión