Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Programa de Bolsas IBM - Fundae: Certificado Excel Aplicado: Xestión e Automatización de Datos
Programa gratuíto e en liña organizado por IBM en colaboración con Fundae. Deseñado para que aprendas o esencial de traballar con datos de forma práctica e eficiente.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Cando:
Dende o 14/10/2026 ata o 13/11/2026
Inscricións:
Ata o 06/10/2026
Prezo:
Gratuíto.
Requisitos:
Ser residente en España
Ter máis de 18 anos
Daráselle prioridade de participación ás persoas desempregadas
Como aplicar funcións clave, analizar datos con ferramentas como táboas dinámicas.
Como crear informes visuais claros.
Como optimizar tarefas e procesos para mellorar a túa produtividade no día a día.
Contido
1. Prerrequisito básico: antes de iniciar o curso, é obrigatorio completar unha formación previa nun tempo definido. É imprescindible superar satisfactoriamente esta fase de prerrequisito para poder continuar o curso.
2. Fundamentos e produtividade
3. Análise e visualización de datos
4. Técnicas avanzadas de automatización
Modalidade
16 horas de formación en liña.
4 sesións en vivo.
4 módulos temáticos.
Certificación
Esta formación ofrécese da man de Datahack e IBM SkillsBuild. Unha vez que completes o curso correctamente, recibirás un certificado dixital emitido por Datahack e IBM SkillsBuild.
Inscrición
A selección de persoas para o envío de invitacións ao programa de Bolsas IBM Fundae farase por orde de chegada das solicitudes presentadas a través do formulario de solicitude, atendendo ás seguintes cuestións: daráselle prioridade de participación ás persoas desempregadas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible