Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Programa de Bolsas IBM - Fundae: Certificado de usos profesionais da Intelixencia Artificial Xenerativa
Formación gratuíta ofrecida por IBM, en colaboración coa Fundae. Ao longo deste curso, descubrirás os fundamentos da IA, desde conceptos básicos ata aplicacións avanzadas, e aprenderás a utilizar ferramentas como o ChatGPT, Midjourney ou Freepik, entre moitas outras, para resolver problemas, crear contido e mellorar a produtividade.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Cando:
Dende o 21/09/2026 ata o 09/11/2026
Inscricións:
Ata o 13/09/2026
Prezo:
Gratuíto
Requisitos:
Ser residente en España.
Ter máis de 18 anos.
Daráselles prioridade de participación ás persoas desempregadas.
Para poder realizar a formación, é necesario ter acceso a internet e un navegador web actualizado: Google Chrome, Mozilla Firefox, Microsoft Edge ou Safari.
É recomendable contar cos seguintes coñecementos previos para aproveitar ao máximo os contidos:
Competencias dixitais básicas:
Manexo de dispositivos electrónicos (ordenadores, tabletas e smartphones).
Familiaridade con ferramentas tecnolóxicas:
Uso de aplicacións básicas como navegadores web, procesadores de texto e follas de cálculo.
A experiencia previa en plataformas de aprendizaxe en liña será un plus.
Interese pola tecnoloxía e a innovación:
Aínda que non é imprescindible ter experiencia previa en Intelixencia Artificial, unha actitude curiosa e aberta cara ás novas tecnoloxías será clave.
Nivel básico de inglés técnico (desexable): algunhas interfaces, termos ou recursos poden estar en inglés, polo que un nivel básico facilitará a comprensión.
70 horas de formación híbrida: combinación de autoestudo e clases maxistrais síncronas
6 módulos temáticos
Retos prácticos e test deseñados para consolidar a aprendizaxe en cada curso
Ao realizares esta formación, recibirás unha insignia dixital. Se fas tamén o test final, obterás, ademais, un certificado apoiado por IBM SkillsBuild e Bejob, que acreditará as túas habilidades e o cumprimento do curso.
Programa
Que é a IA xenerativa
O universo de ferramentas da IAGen
Como utilizar a IA xenerativa - imaxes e extensións
Antes de iniciar o curso, é obrigatorio completar unha semana previa de preparación que inclúe test de coñecementos e unha formación clave sobre intelixencia artificial e programación. Esta etapa de prerrequisito previo ten como obxectivo garantir que todo o alumnado conte coa base necesaria para afrontar os contidos avanzados do programa. É imprescindible superar satisfactoriamente tanto o test inicial como o test final desta fase para poder acceder ao curso. Aquelas persoas que non cumpran cos requisitos establecidos non poderán continuar coa formación. Asegurarase así un nivel homoxéneo entre o alumnado e o máximo aproveitamento do contido avanzado.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible