Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Proxecto Activa Verde: Plan de Actuación Integral (PAI) As Pontes de García Rodríguez- Meirama
O obxectivo deste proxecto é contribuir a paliar as repercusións econòmicas e sociais derivadas da transición enerxética, en particular no que se refire á perda de postos de traballo prevista polo peche das centrais térmicas de Meirama e As Pontes na Coruña, así como a xerar emprego de calidade.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Cando:
Ata o 30 de novembro de 2028.
Requisitos:
As persoas destinatarias do proxecto serán aquelas persoas traballadoras (actualmente empregadas ou desempregadas) que procedan de empresas afectadas, directa ou indirectamente, polos peches das centrais térmicas das Pontes de Garcia Rodríguez e Meirama e residentes na provincia da Coruña, priorizándose en todos os casos:
Os municipios nos que se situaban as centrais: Cerceda e As Pontes.
Os municipios previstos nos Protocolos de actuación dos Convenios de Transición Xusta de Galicia: Meirama e As Pontes, e mais concretamente un total de 16 municipios prioritarios: Cabanas, A Capela, Cerdido, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Ortigueira, As Pontes, San Sadurniño, As Somozas , Carral, Cerceda, A Laracha, Ordes e Tordoia.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible