Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Este proxecto, confinanciado polo Fondo Social Europeo Plus, está destinado a persoas desempregadas residentes na Coruña, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, con especiais dificultades para acceder ao mercado laboral. Estará composto con formacións no ámbito da hostalaría, atención a persoas dependentes, comercio e márketing, administración e xestión, industria alimentaria e imaxe persoal.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Requisitos:
O proxecto está dirixido a persoas desempregadas residentes na Coruña, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, con especiais dificultades para acceder ao mercado laboral.
Os beneficiarios e beneficiarias das accións formativas deberán pertencer a algún dos seguintes colectivos como requisito de acceso:
Persoas desempregadas de longa duración
Persoas maiores de 45 anos, en particular, mulleres
Persoas con algún tipo de discapacidade igual ou superior ao 33%
Persoas inmigrantes
Outras persoas en situación de vulnerabilidade social
A través dunha entrevista de diagnóstico inicial confirmarase a correspondencia cos perfís do proxecto e propoñerase a posibilidade de participar nas accións do proxecto.
Atención socio sanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. Debe posuír un dos seguintes requisitos:
Grao en Educación Secundaria Obrigatoria
Cumprir o requisito académico para o acceso a ciclos formativos de grao medio ou superar as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas.
Certificado profesional de nivel 2 ou un certificado profesional de nivel 1 da mesma familia e área profesional
Superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 e/ou 45 anos.
Ter as competencias clave nivel 2 (castelán, galego e matemáticas)
Técnicas de limpeza e desinfección hospitalaria
Administración e xestión
Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible