Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Smart-Up Galicia: a túa idea emprendedora pode dar o salto
Evento organizado por AJE Galicia, en colaboración coa Xunta de Galicia, co obxectivo de impulsar o emprendemento xuvenil. A iniciativa está dirixida ao estudantado, promovendo o espírito emprendedor e a innovación mediante unha experiencia práctica na que as persoas participantes crearán, desenvolverán e presentarán proxectos emprendedores ante un xurado profesional e empresas do ecosistema galego.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Cando:
29/10/2026
Inscricións:
Ata o 30/09/2026
Requisitos:
Estudantes e ex-estudantes de ESO, Bacharelato e Formación Profesional e universidades galegas que teñan unha idea ou proxecto emprendedor.
A participación poderá ser:
De forma individual
En grupo de ata 5 participantes. No caso de ESO e Bacharelato e Formación Profesional, será imprescindible contar cun profesor ou titor. Cada centro educativo, universidade ou institución participante poderá presentar un máximo de 10 propostas.
As propostas deberán ser desenvolvidas polos propios participantes e deberán corresponder a unha idea ou proxecto emprendedor no que exista participación directa das persoas inscritas.
Establécense as seguintes categorías de participación para o premio Mellor Iniciativa Smart-Up, dirixido ás propostas presentadas como idea emprendedora:
ESO e Bacharelato.
Formación Profesional (FP).
Universidades.
Ademais, todas as propostas participantes, independentemente da categoría á que pertenzan, poderán optar aos seguintes premios (2000€ - 3000€):
Mellor Proxecto Smart-Up: recoñecerá a proposta que destaque polo seu maior grao de desenvolvemento, viabilidade e potencial de aplicación nun contexto real.
Accésit á Responsabilidade Social Empresarial (RSE): recoñecerá a proposta que destaque polo seu compromiso e impacto positivo no ámbito social, ambiental e/ou económico.
Accésit á Innovación: recoñecerá a proposta que destaque polo seu carácter innovador, diferenciador e pola incorporación de novas solucións ou enfoques.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible