Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
As actividades buscan achegar á cidadanía o valor histórico, cultural e ambiental do Castro de Elviña, un dos principais xacementos arqueolóxicos da cidade, combinando divulgación, lecer e participación nunha proposta pensada para todos os públicos
17:30 horas: obradoiro de estampaxe no que as persoas participantes poderán elaborar a súa propia diadema inspirada no Tesouro de Elviña, guiadas polo arqueólogo experimental Vítor García Piñeiro.
Venres, 25 de setembro:
17:30 horas: desenvolveranse simultaneamente un obradoiro de construción de valos tradicionais impartido polo canteiro Manuel Campos Vilaverde e unha visita guiada ao Castro de Elviña.
Sábado 26 de setembro:
09:30 horas: roteiro de natureza e historia pola contorna do castro da man de Alejandro Álvarez.
11:30 horas: abrirase o recinto arqueolóxico, que acollerá durante toda a xornada unha exposición fotográfica sobre memoria colectiva e unha ciclobiblioteca especializada en patrimonio e memoria. Tamén ás 11.30 horas terá lugar unha visita musicada ás escavacións recentes guiada polo arqueólogo municipal Marco Rivas Nodar.
13:00 horas: Anxo Moure ofrecerá unha primeira sesión de contacontos.
14:00 horas: xantar popular, concibido como un espazo de convivencia aberto á participación da veciñanza.
16:00 horas: Antón Cortizas impartirá un obradoiro de construción de brinquedos con refugallos.
16:30 horas: realizarase unha visita comentada á exposición fotográfica.
17:00 horas: haberá unha nova sesión de contacontos con Anxo Moure, así como a actividade participativa 'Os Foucellas da billarda', unha eira de aprendizaxe deste xogo tradicional.
19:00 horas: concerto do grupo Aghrú, que protagonizará o solpor musical co que concluirá esta edición.
Aquelas actividades que requiren inscrición previa poden reservarse a través do correo electrónico contacto@temponovo.gal ou do teléfono 651 498 212.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible