Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

STEM Talent Girl

A Fundación ASTI organiza o proxecto educativo "STEM Talent Girl" e convoca a edición 2026-2027, coa que busca atraer e desenvolver o talento científico-tecnolóxico de alumnas de ESO, Bacharelato, FP e Universidade para descubrir vocacións STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) e formarse en profesións de alta demanda da man de mulleres que son referentes.

A quen vai dirixido?:

Alumnas de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e/ou Universidade.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 05/10/2026

Prezo:

gratis.

Páxina web:

https://talent-girl.com

Contacto:

Fundación ASTI. Programa STEM Talent Girl

C/ Poeta Joan Maragall, 23 (28020 - Madrid)

correo-e: info@talent-girl.com

STEM Talent Girl é unha experiencia educativa, compatible co curso escolar, que permite descubrir o mundo das STEM dunha forma práctica e en compañía doutras mozas da mesma idade e intereses. O programa non só inspira, senón que tamén acompaña para descubrir o que se queira chegar a ser e serve de guía para que poder conseguilo.

  • De novembro a maio
  • Calendario completo a principio de curso coas datas, temática e lugar de cada actividade (xoves ou venres pola tarde ou sábado pola mañá)
  • Unha actividade ao mes (taller científico, visita a empresa tecnolóxica, sesión con mentora, hackathon, evento, xornada de empleabilidad, etc)

INSCRICIÓN: en liña en https://talent-girl.com/alumnas-stg (todas as inscritas deberán recibir confirmación da súa admisión por email)

En función do curso académico, poderase formar parte dun dos seguintes subprogramas:

  • STEM For Her I: Experimentación (1º e 2º ESO)
  • STEM For Her II: Inspiración (3º e 4º ESO)
  • Mentor Women: Orientación (Bacharelato)
  • Real Work: Empleabilidad e Networking (FP e Universidade)

DURACION: de outubro de 2026 a maio de 2027

*o calendario completo facilítase a principio de curso coas datas, temática e lugar de cada actividade (fose do horario lectivo)

LUGAR:

  • Presencial: en 15 sedes físicas (A Coruña, Madrid, Málaga, Zaragoza, Valencia e nas provincias de Estremadura e Castela e León) e 1 sesión ao mes aprox.
  • En liña: 1 sesión bimensual (as alumnas de sedes presenciais tamén terán acceso a todos os contidos en liña se desexan complementalos)

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión