Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Talleres de verán no Museo Arqueolóxico Castelo de San Antón e Castro de Elviña
O Museo Arqueolóxico organiza varias actividades de verán destinadas a nenas e nenos entre 6 e 12 anos, desenvolvidas os sábados dos meses de xullo e agosto no Museo de San Antón e no Castro de Elviña, coa intención de difundir a arqueoloxía e a historia dunha forma práctica e lúdica. Cada taller terá unha capacidade de 20 nenas e nenos.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Cando:
Xullo e agosto de 2026.
Horario:
As actividades comezarán ás 11:00 h.
Prezo:
Gratuíto, previa inscrición. Cada actividade terá unha ligazón a través de ticketing para reserva. IMPORTANTE: non se poderá solicitar máis de 2 actividades por nena/neno, das 6 ofertadas.
A través de dinámicas participativas, aprenderedes a realizar prospeccións para localizar posibles achados e descubriredes as ferramentas e técnicas que utilizan os profesionais para investigar o pasado. Despois chegará o momento máis emocionante: unha simulación de escavación arqueolóxica.
Sábado 11 de xullo (Castro de Elviña): Aventura arqueolóxica (1ª edición)
Aprenderedes de onde obtiñan as fibras naturais, que ferramentas empregaban para xerar os fíos, como conseguían as tinguiduras para colorealos. A través de actividades prácticas construiredes ferramentas e experimentaredes coas tinguiduras naturais e descubriredes como funcionaban os teares utilizados desde a antigüidade, coñeceredes os seus diferentes partes e aprenderemos as técnicas básicas do tecido. Despois, construiredes ao choio para experimentar o proceso de entrelazar fíos e crear a nosa tea.
Sábado 1 de agosto (Museo de San Antón): Fiando o fillo (1ª edición)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible