O CEIDA, xunto coa Autoridade Portuaria da Coruña, organiza a I Xornada Formativa "A biodiversidade mariña na contorna portuaria", que terá lugar os días 8 e 9 de outubro, no marco do Ciclo Formativo "Xestión Portuaria e Medio Ambiente".
Neste ciclo formativo terá prioridade o persoal técnico da Autoridade Portuaria da Coruña, así como toda a comunidade portuaria.
A participación estará tamén aberta ao público xeral interesado.
Para público en xeral
Dende o 08/10/2026 ata o 09/10/2026
de 10:00 a 14:00 h.
Actividade gratuíta.
CEIDA - Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Castelo de Santa Cruz, s/n (15179 Liáns-Oleiros)
Telf. 981 630 618
correo-e: formacion@ceida.org
OBXECTIVOS:
A xornada ten como obxectivo presentar os principais elementos da biodiversidade do ámbito territorial do Porto da Coruña e dar a coñecer diferentes exemplos de xestión e conservación da biodiversidade mariña en contornas portuarias.
Ao longo das dúas sesións abordaranse cuestións como a conservación da biodiversidade, as solucións baseadas na natureza aplicadas ao ámbito portuario, a renaturalización de espazos portuarios, a diversidade e ecoloxía da fauna mariña asociada ao litoral, a conservación das aves mariñas, os cetáceos ou o valor dos bosques de kelp fronte ao cambio climático. A actividade contará coa participación de persoal técnico de diferentes autoridades portuarias, así como de persoal investigador e especialistas en biodiversidade mariña.
LUGAR:
Dende o 25/09/2026 ata o 04/10/2026
Envía a tua idea ou proposta a nocturniacoruna@gmail.com
O programa AIX desenvolverase de novembro 2026 a maio 2027
Prazo de envío de solicitudes do 25/09/2026 ata o 13/10/2026, ambos incluidos
O club comeza o 8 de outubro de 2026.
Inscrición ata o 8 de outubro.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible