36 resultados

Aberto ata o 31 de decembro de 2026.
Santander Open Academy ofrece este curso co que se adquiren habilidades de comunicación oral, aprenderanse técnicas para perder o medo escénico e a estruturar unha mensaxe e desenvolverse eficazmente en calquera situación profesional ou persoal.

Outubro - decembro de 2026
Formación gratuíta dirixida a mozas e mozos de entre 18 e 29 anos do programa Impulsa Empleo Joven.

Dende o 17/09/2026 ata o 17/11/2026
Ata o 15/09/2026
Formación da Xunta de Galicia, totalmente gratuíto. Tratase dunha ampliación do contido do curso básico de igualdade laboral de 8 horas de duración no que se profundará sobre as temáticas desenvoltas no mesmo

Dende o 17/09/2026 ata o 17/10/2026
Ata o 15/09/2026
Este curso da Xunta de Galicia, totalmente gratuíto, facilita ao tecido empresarial a incorporación da igualdade laboral, acercando os coñecementos necesarios sobre a negociación dos plans de igualdade, diagnose, igualdade retributiva, medidas para fomentar a igualdade laboral e os protocolos para loitar contra o acoso sexual e por razón de sexo.

Con este curso en liña e gratuíto organizado por Fundae obterás coñecementos técnicos avanzados en analítica de datos: análise de datos, manipulación de datos para usabilidade, estatística introdutoria, o proceso de análise de datos, preparación de conxuntos de datos e visualizacións de datos para contar historias.

O curso está aberto ata o 31/12/2026.
Este curso en liña e gratuíto da Santander Open Academy ensinarache a analizar a contorna, anticiparte ao cambio e tomar decisións aliñadas cos obxectivos da túa organización, utilizando ferramentas clave e enfoques modernos.

Dende o 28/09/2026 ata o 23/10/2026
Ata o 23/09/2026
D-teach en liña school organiza Europe101 un programa gratuíto de liderado en liña para mocidade de entre 16 e 30 anos de todo o continente.

A Cámara de Comercio da Coruña ofrece este programa gratuíto que busca asegurar que as persoas novas de entre 16 e 29 anos inscritas en Garantía Xuvenil, reciban educación continuada ou formación tras quedar desempregadas ou finalizar a súa formación académica.

Dende o 02/10/2026 ata o 16/10/2026
Aula UNED Ferrol organiza un curso sobre o uso do teléfono, a web, as aplicacións móbiles e a intelixencia artificial en psicoterapia. Aborda as súas principais aplicacións, as adaptacións necesarias para mellorar a intervención e os aspectos éticos e legais da atención psicolóxica en formatos non presenciais. Pode seguirse en liña, tanto en directo como en diferido, sen necesidade de asistir ao centro.

Dende o 05/10/2026 ata o 06/12/2026
Ata o 27/09/2026
Formación gratuíta en liña ofrecida por IBM, en colaboración con Fundae. Penetrarás en conceptos clave, terminoloxía e principios esenciais, e participarás en actividades con ferramentas, marcos e escenarios que che axuden a aplicar e practicar o que aprendiches.
resultados 36
Dende o 01/10/2026 ata o 15/10/2026
ás 12.00 horas
Dende o 04/09/2026 ata o 26/09/2026
Dende o 19/09/2026 ata o 26/09/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible