Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

6 resultados

  • 1 Páxinas
  • 1
  • Preparación exame certificación oficial Trinity B1, B2 e C1 - UNED

    Bandeira inglesa.

    Cando:

    Dende o 09/10/2026 ata o 04/11/2026, os mércores e venres

    Inscricións:

    • Matrícula seguimento en DIRECTO: ás 09.00 h do día de celebración da última sesión do curso.
    • Matrícula seguimento DIFERIDO: a semana previa á data de celebración dos exames de certificación.

    A UNED imparte este curso de oito clases para explicar o contido dos exames internacionais do Trinity: en que consisten as catro partes do exame, o nivel de inglés necesario para realizalos, ferramentas para preparalos correctamente, e como afrontalos con soltura o día do exame. O seguimento pode facerse presencial e en liña en directo ou en diferido.

  • Cursos gratuítos de galego en modalidade virtual da UVigo

    Cartaz dos cursos

    Inscricións:

    Ata o 25/09/2026

    A Área de Normalización Lingüística lanza unha nova oferta de cursos de galego para a comunidade universitaria. En total, cinco formacións especializadas, coa matrícula de balde, que se impartirán durante os meses de outubro, novembro e decembro en formato completamente virtual.

  • Preparación exame Celga 3 e 4 - UNED

    Logo do Celga

    Cando:

    Dende o 01/10/2026 ata o 03/11/2026

    Formación organizada por Extensión Universitaria da UNED. Permite a asistencia en liña en directo ou en diferido.

  • Cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga

    Palabra galego escrita nunha pizarra.

    Inscricións:

    Dende o 29/06/2026 ata o 10/07/2026

    Cursos do segundo cuadrimestre: do 2 ao 13 de novembro de 2026.

    A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude convoca cursos de linguaxe administrativa galega en liña e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en varias escolas oficiais de idiomas.

  • Curso de introdución á lingua e á cultura galegas

    Catel da formación-

    Cando:

    20, 21, 22, 23, 27, 28, 29 e 30 de xullo de 2026

    Inscricións:

    Dende o 18/06/2026

    ata esgotar prazas.

    Formación gratuíta organizada polo Concello da Coruña, a través do Servizo de Normalización Lingüística e a Rede de Dinamización da Lingua, da Xunta de Galicia.

  • Business English: Listening and Communication skills - Part 1 - Curso Santander

    Fotografía das bandeiras inglesa e americana.

    Cando:

    O curso está aberto ata o 31/12/26.

    Santander Open Academy organiza esta formación en liña e gratuíta que poderás realizar ao teu ritmo.

resultados 6

  • 1 Páxinas
  • 1

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión