Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

20 resultados

  • 2 Páxinas
  • 1
  • 2
  • >
  • Itinerarios formativos en Industria 4.0- eFundae

    Cartel da formación.

    Inscricións:

    O prazo está aberto permanentemente.

    Fundae, en colaboración coa Secretaria de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial (SEDIA), organiza 7 itinerarios formativos gratuítos e en liña, compostos por 5 niveis con 150 horas de esforzo estimado por cada un deles. Estes niveis pódense realizar de forma independente ou completar cada un dos itinerarios. O itinerario é autoformativo.

  • Programa de Bolsas IBM - Fundae: Certificado Iniciación á programación en Python (non tutorizado)

    Fotografía dunha pantalla con programación en Python.

    Cando:

    Dende o 06/07/2026 ata o 30/08/2026

    Inscricións:

    Ata o 28/06/2026

    Python é unha linguaxe de alto nivel de programación, amplamente utilizado nas aplicacións web, o desenvolvemento de software, a ciencia de datos, o machine learning (ML) e a intelixencia artificial. A formación é en liña e gratuíta. Formación organizada por IBM.

  • Data Engineer con GenAI

    Cartel do progama

    Inscricións:

    Ata o 14/06/2026

    Fundación Accenture e Fundación Universidade-Empresa poñen á túa disposición este Programa Dual de Formación Permanente Data Engineer con GenAI (Intelixencia Artificial Xenerativa). Dirixido a persoas sen experiencia profesional previa en programación. En liña e gratuíto.

  • Curso Santander | Introdución á programación con Python

    A palabra Python escrita sobre uns cubos.

    Cando:

    O curso comeza o día que che inscribas á formación, e podes realizar ao teu propio ritmo. O curso está aberto hsta o 31 de decembro de 2026.

    Formación gratuíta e en liña da Open Academy Santander.

  • CURSOS TALENTO NOVO (Garantía Xuvenil)- Cámara de Comercio da Coruña

    Cartel do programa PICE sobre a fotografía dunha moza sorrindo

    Programa gratuíto que busca asegurar que as persoas novas de entre 16 e 29 anos inscritas en Garantía Xuvenil, reciban educación continuada ou formación tras quedar desempregadas ou finalizar a súa formación académica.

  • Programa de Bolsas IBM - Fundae: Certificado ciberseguridad (non tutorizado)

    Infografía do circuíto dun PC.

    Formación gratuíta en liña ofrecida por IBM, en colaboración con Fundae.

  • Programa de bolsas IBM - Fundae: Certificado Data Analytics (non tutorizado)

    Fotografía dunha persoa traballando cuns gráficos.

    Con este curso en liña e gratuíto organizado por Fundae obterás coñecementos técnicos avanzados en analítica de datos: análise de datos, manipulación de datos para usabilidade, estatística introdutoria, o proceso de análise de datos, preparación de conxuntos de datos e visualizacións de datos para contar historias.

  • Cursos Aula CeMIT -Xuño

    Aula de informática

    Cando:

    Dende o 01/06/2026 ata o 30/06/2026

    Inscricións:

    Consultar datas de inscrición de cada curso.

    A aula CeMIT (Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica) presenta a oferta de cursos presenciais que terán lugar no mes de xuño na aula CeMIT Eirís. Tamén horario de atención presencial na Aula Aberta.

  • Itinerario para o Emprego - Fundación Mujeres

    Cartel do programa.

    Cando:

    Dende o 07/04/2026 ata o 16/06/2026, os martes

    Programa da Fundación Mujeres destinado a mulleres desempregadas na procura de mellora laboral, mozas sen experiencia, maiores de 45 anos, mulleres de familias monoparentais, residentes en A Coruña.

  • Cursos para persoas desempregadas - Centro Municipal de Emprego

    Fotografía do Centro Municipal de Emprego.

    Cando:

    Ao longo do ano poden realizarse varias edicións de cada acción formativa.

    Programación de cursos de formación para o emprego do Centro Municipal de Emprego da Coruña para o ano 2026.

resultados 20

  • 2 Páxinas
  • 1
  • 2
  • >

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión