Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de 20 anos. Convocatoria 2026

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de 20 anos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 23/04/2026, 24/04/2026

Inscricións:

Dende o 26/02/2026 ata o 11/03/2026

Horario:

Primeiro día 23 de abril

10.00-11.30 Lingua Castelá e Literatura I e II
11.30-11.40 Descanso
11.40-13.10 Lingua Galega e Literatura I e II
13.10-13.20 Descanso
13.20-14.20 Historia de España
14.20-16.00 Descanso
16.00-17.30 Lingua Estranxeira I e II
17.30-17.40 Descanso
17.40-18.40 Filosofía e Historia da Filosofía

Segundo día 24 de abril

10.00-11.30 Matemáticas I e II
Latín I e II
Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I e II
11.30-11.40 Descanso
11.40-13.10 Física e Química e Física
Física e Química e Química
Debuxo Técnico I e II
Grego I e II
Economía e Empresa e Deseño de Modelos de Negocio
13.10-13.20 Descanso
13.20-14.50 Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais e Bioloxía
Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais e Xeoloxía e Ciencias Ambientais
Tecnoloxía e Enxeñaría I e II
Literatura Universal e Historia da Arte
Historia do Mundo Contemporáneo e Xeografía

Prezo:

de balde.

Requisitos:

  • Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2026.
  • Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.
  • Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculada/o nesas ensinanzas no curso escolar 2025/2026.

Páxina web:

www.edu.xunta.gal/portal/ea/obtencion-de-titulos

Contacto:

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección territorial da Coruña. Edif. Adm. Monelos: R/ Vicente Ferrer, 2-7º andar. 15008 - A Coruña

Tel.: 981 184 726

e-correo: educadultos@edu.xunta.gal   

Publicación: DOG 10/02/2026

MODALIDADES

  • Ciencias e Tecnoloxía.
  • Humanidades e Ciencias Sociais.

Poderán inscribirse na proba e titular pola modalidade Xeral ou de Artes na vía elixida as persoas que estean en condicións de recoñecemento do segundo exercicio conforme ao establecido no anexo VI da resolución que convoca a proba.

CARACTERÍSTICAS DA PROBA

A proba organizarase de xeito diferenciado segundo as dúas modalidades convocadas de bacharelato.

Constará de 2 exercicios. Os contidos dos exercicios terán como referente os aspectos básicos do currículo do bacharelato.

1º EXERCICIO: Consta de 5 exames correspondentes a materias comúns a todas as modalidades de Bacharelato.

  • Exame 1. Lingua Castelá e Literatura I e II.
  • Exame 2. Lingua Galega e Literatura I e II. (*posibilidade solicitude exención, se procede).
  • Exame 3. Historia de España.
  • Exame 4. Primeira Lingua Estranxeira I e II. (Inglés ou Francés)
  • Exame 5. Filosofía e Historia de Filosofía.

2º EXERCICIO: Consta de tres exames correspondentes a materias específicas de cada modalidade.

CIENCIAS E TECNOLOXÍA

Exame 6

Matemáticas I e II

Exame 7: elixir unha

Física e Química e Física

Física e Química e Química

Debuxo Técnico I e II

Exame 8: elixir unha

Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais e Bioloxía

Bioloxía, Xeoloxía e Cªs Ambientais e Xeoloxía e Cªs Ambientais

Tecnoloxía e Enxeñaría I e II

HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

Exame 6: elixir unha

Latín I e II

Matemáticas Aplicadas ás Cªs Sociais I e II

Exame 7: elixir unha

Grego I e II

Economía e Empresa e Deseño de Modelos de Negocio

Exame 8: elixir unha

Literatura Universal e Historia da Arte

Historia do Mundo Contemporáneo e Xeografía

  • Cada persoa participante realizará os exames nos que figure inscrita.

DATAS DE INSCRICIÓN: ddo 26 de febreiro ao 11 de marzo de 2026

LUGARES DE INSCRICIÓN: na Coruña,  EPAPU Eduardo PondalRúa da Educación, 3- 2º andar. 15011- A Coruña. Tel.: 881 960 901

DATA E LUGAR DA PROBA: 23 e 24 de abril de 2026 

No IES San Clemente (R/ San Clemente, s/n. 15705-Santiago de Compostela. Tel.: 881 867 501) en sesións de mañá e tarde.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión