A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia convoca as probas de avaliación para a obtención do certificado de competencias dixitais (ComDix) na Rede CeMIT nos seus niveis de iniciación e intermedio, correspondentes ao primeiro semestre do ano 2026, que teñen como finalidade demostrar os coñecementos, habilidades e actitudes propias das devanditas competencias.
Para público en xeral
convocatorias en febreiro, abril e xuño de 2026
diferentes prazos de inscrición para cada convocatoria
gratuíto
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Cidade da Cultura. Monte Gaiás s/n (15707 - Santiago de Compostela)
Tel. 981 54 52 71
correo-e: amtega@xunta.gal
https://competenciasdixitais.xunta.gal
Publicación: DOG 16/01/2026
Establécense as seguintes convocatorias de probas:
|
Nivel |
Convocatoria |
Días das probas |
Horarios |
Prazo de inscrición |
|
Iniciación |
Febreiro |
25, 26 e 27 |
10.00 h 12.00 h 16.30 h |
Do 19 ao 28 de xaneiro |
|
Intermedio |
Abril |
28, 29 e 30 |
10.00 h 12.00 h 16.30 h |
Do 16 ao 25 de marzo |
|
Iniciación |
Xuño |
17, 18 e 19 |
10.00 h 12.00 h 16.30 h |
Do 4 ao 13 de maio |
Os detalles de cada convocatoria, as aulas concretas en que se realizarán as probas, os horarios asignados a cada unha delas e o número de prazas ofertadas publicaranse na web da Rede CeMIT https://cemit.xunta.gal cunha antelación mínima dun mes respecto da data de inicio das probas.
Co fin de facilitar a preparación das probas de certificación, ponse ao dispor das persoas interesadas material formativo de apoio deseñado para proporcionar os coñecementos e as competencias necesarias para afrontar as probas de cada nivel. En función do nivel correspondente, estarán dispoñibles as seguintes formacións:
Nivel Iniciación
Nivel Intermedio
O acceso aos contidos pode realizarse en calquera momento e estarán dispoñibles permanentemente na plataforma de teleformación https://formacion-cemit.xunta.gal
Dende o 08/02/2026 ata o 27/02/2026
Dende o 07/02/2026 ata o 28/02/2026
Ata o 13/02/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible