Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Probas extraordinarias de acceso ás ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2026/2027

Unha vez rematado o prazo ordinario de matrícula no mes de xullo, e á vista da existencia de prazas vacantes nas especialidades de Dirección escénica e dramaturxia e na de Escenografía, a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia convoca probas extraordinarias de acceso no mes de setembro.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

07/09/2026

Inscricións:

os días 28, 29, 30 e 31 de xullo, así como o día 1 de setembro de 2026.

Prezo:

64 € (taxas de exame)

Requisitos:

  • Estar en posesión do título de bacharelato ou título declarado equivalente, ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

Páxina web:

www.esadgalicia.com

Contacto:

Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESADg)

Rúa Poza Cabalo, s/n. 36212. Vigo (Pontevedra)

tel: 886 121 970

e-correo: esad.galicia@edu.xunta.gal

PRAZAS VACANTES POR ESPECIALIDADE:

  • Escenografía: 10 prazas
  • Dirección escénica e dramaturxia: 10 prazas

INSCRICIÓN: os días 28, 29, 30 e 31 de xullo, así como o día 1 de setembro de 2026.

Toda a documentación de cada solicitude de inscrición poderá enviarse por correo electrónico ao enderezo esad.galicia@edu.xunta.gal ou poderá entregarse presencialmente na administración da ESADg durante o período de inscrición, en horario de 9:00 a 13:00H.

  • LISTAXE PROVISONIAL: 2 de setembro.
  • RECLAMACIÓNS: 3 de setembro.
  • LISTAXE DEFINITIVA: 4 de setembro.

DATAS DAS PROBAS: 7 de setembro de 2026 (a partir das 9:00h)

  • NOTAS PROVISIONAIS: 2 de setembro.
  • RECLAMACIÓNS: 9 de setembro.
  • LISTAXES DEFINITIVAS: 10 de setembro.

MATRÍCULA: o 11 de setembro de 2026.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión