Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Probas para desempeñar funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada

Convócanse para o ano 2026 as probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada, tanto na súa modalidade de mercadorías como na de persoas viaxeiras, que terán lugar en Galicia.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

4 convocatorias co seu propio período de matrícula.

Requisitos:

  • Estar en posesión dalgún dos seguintes títulos de formación no momento de presentar a solicitude:
    • Título de bacharel ou equivalente.
    • Título de técnico, acreditativo de ter superado as ensinanzas dunha formación profesional de grao medio, sexa cal for a profesión a que se encontre referido.
    • Título de técnico superior, acreditativo de ter superado as ensinanzas dunha formación profesional de grao superior, sexa cal for a profesión a que se encontre referido.
    • Calquera título acreditativo de ter superado unhas ensinanzas universitarias de grao ou posgrao.
  • Ter residencia habitual en Galicia.

Páxina web:

www.conselleriadepresidencia.xunta.gal

Contacto:

Dirección Xeral de Mobilidade

San Caetano, s/n. 15781 Santiago de Compostela  

Teléfono: 881 995 053/ 981 544 375

Email: formacion.transportes@xunta.es

Publicación: DOG 13/11/2025

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento IF312A

No ano 2026, as persoas interesadas dispoñerán de ata catro chamamentos para a realización do correspondente exame. Os exercicios terán lugar nos períodos comprendidos entre:

  • Primeiro período: entre o 23 de febreiro e o 31 de marzo de 2026, para aqueles aspirantes que soliciten realizar o exame entre o 14 de novembro de 2025 e o 21 de xaneiro de 2026.
  • Segundo período: entre o 18 de maio e o 30 de xuño de 2026, para aquelas persoas aspirantes que soliciten realizar o exame nas datas comprendidas entre o 22 de xaneiro e o de 15 de abril de 2026.
  • Terceiro período: entre o 31 de agosto e o 30 de setembro de 2026, para aquelas persoas aspirantes que soliciten realizar o exame nas datas comprendidas entre o día 16 de abril e o 13 de xullo de 2026.
  • Cuarto período: entre o 10 de novembro e o 18 de decembro de 2026, para aquelas persoas aspirantes que soliciten realizar o exame nas datas comprendidas entre o día 14 de xullo e o 9 de outubro de 2026.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión