Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

1 praza de Responsable de Promoción - CRAEGA

O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica (CRAEGA), con sede en Lugo, convoca un proceso selectivo para a contratación dunha praza de responsable de promoción.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 19/04/2026

Requisitos:

  • Formación académica: Grao Universitario.
  • Outra formación específica: Valoraranse coñecementos en administración, márketing e redes sociais.
  • Experiencia previa: Posuír experiencia demostrable en tarefas de promoción, comunicación, organización de eventos promocionais ou similares.
  • Outros requisitos: Dispoñibilidade para viaxar, capacidade organizativa, permiso de condución e vehículo propio.

Páxina web:

https://www.craega.es/

Contacto:

Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA)

Rúa Carvalho Calero (Profesor) sn27002 · Lugo (Lugo)

Tel. 982 405 300

seleccion@craega.es

Publicación: DOG 09/04/2026

Lugar de traballo: Sede de C.R.A.E.GA. en Lugo, para realización de actividades de promoción en Galicia maioritariamente e no resto do estado.

Funcións do posto de traballo: Realizar labores de comunicación interna e externa, ademais de organizar campañas promocionais de C.R.A.E.GA.

O currículo vitae poderá remitirse por correo electrónico a seleccion@craega.es .

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión