Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
12 prazas de bombeiro-condutor ou bombeira-condutora do Concello de Santiago
O Concello de Santiago convoca un proceso selectivo para a cobertura, pola quenda libre e polo sistema de oposición, de tres (3) prazas de bombeiro/a condutor/a, da Escala de Administración Especial, subgrupo C2 e nove (9) prazas de bombeiro/a condutor/a especialista, da Escala de Administración Especial, subgrupo C1.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 22/06/2026
Requisitos:
Ter nacionalidade española ou cumprir os requisitos establecidos no artigo 57 do Texto refundido do Estatuto básico do empregado público.
Ter cumpridos os dezaseis anos e non exceder, se é o caso, a idade máxima de xubilación forzosa.
Estar en posesión do carné de conducir da clase C+E.
BOMBEIRO/A CONDUTOR/A (C2): Ter a titulación de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, Graduado Escolar ou equivalente.
BOMBEIRO/A CONDUTOR/A ESPECIALISTA (C1): Posuír ou estar en condicións de obter o título de Bacharelato, Técnico ou equivalente.
A selección das persoas aspirantes realizarase a través do sistema de oposición, seguido dun recoñecemento médico e dun curso selectivo e período de prácticas.
A fase de oposición consistirá na realización de tres (3) exercicios de carácter obrigatorio que se indican a continuación e que serán eliminatorios:
Primeiro exercicio. Realización dun cuestionario dirixido a determinar os coñecementos da parte xeral e da parte especifica do temario.
Segundo exercicio. Realización de seis (6) probas de aptitude física e física-práctica.
Terceiro exercicio. Proba de aptitude psicotécnica e entrevista persoal.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible