Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
3 prazas na especialidade de Arquivos da Xunta de Galicia
Proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de persoal axudante de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de Arquivos.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 29/09/2026
Requisitos:
Ter feitos os dezaseis anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.
Ter a nacionalidade española, ser nacional dalgún dos Estados membros da Unión Europea, ser nacional dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, sexa aplicable a libre circulación de persoas traballadoras.
Titulación: estar en posesión ou en condición de obter diplomatura ou grao nunha titulación da rama de artes e humanidades ou da rama de ciencias sociais e xurídicas.
As persoas aspirantes que se presenten pola cota de reserva de discapacidade terán que ter recoñecida a condición legal de persoa con discapacidade cun grao igual ou superior ao 33%.
3 prazas do corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de persoal axudante de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de Arquivos, correspondentes á oferta de emprego público do exercicio 2025, aprobada polo Decreto 109/2025, do 1 de decembro.
*Resérvase unha (1) praza para ser cuberta pola quenda de persoas con discapacidade.
*Resérvase unha (1) praza para ser cuberta pola quenda de promoción interna. As prazas non cubertas por esta quenda acumularanse ás de acceso libre.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible