Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

42 prazas de bombeiro-condutor ou bombeira-condutora do Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña

Convocatoria para a cobertura como persoal laboral fixo de 42 prazas de bombeiro-condutor e bombeira-condutora (grupo VII asimilado a grupo C, subgrupo C2). O sistema de selección será o de concurso-oposición libre.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 31/12/2025

Requisitos:

  • Ter a nacionalidade española, sen prexuízo de ter outra nacionalidade que lle permita o acceso ao emprego público de conformidade co disposto no artigo 52 Lei 2/2015 do emprego público de Galicia.
  • Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas, así como reunir as condicións físicas e sanitarias necesarias e suficientes para a realización das probas físicas que figuran especificadas no segundo exercicio. 
  • Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, se é o caso, da idade máxima de xubilación forzosa. 
  • Título de Ensinanza Secundaria Obrigatoria ou equivalente.
  • Título acreditativo do nivel de coñecemento da lingua Galega CELGA III, equivalente ou superior. As persoas que non o acrediten deberán superar unha proba de coñecemento da lingua galega.
  • Estar en posesión do permiso de conducir categoría C.

Páxina web:

www.cciacoruna.com

Contacto:

Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de A Coruña

Rúa do Bronce, Parcela G-2, Polígono Industrial de Bértoa. 15105 Bértoa, Carballo (A Coruña)

Teléfono: 981 416 000 

Publicación: 

BOP 11/11/2025

BOE 01/12/2025

SELECCIÓN: 

  • FASE DE OPOSICIÓN:
    • Primeiro exercicio. Proba teórica (exame tipo test) 
    • Segundo exercicio. Probas físicas
    • Terceiro exercicio. Probas físico-profesionais
  • FASE DE CONCURSO:
    • Experiencia profesional
    • Formación
  • FASE PROBAS DE CAPACITACIÓN
    • Probas psicotécnicas: 
      • Proba de clima laboral 
      • Proba de intelixencia 
      • Proba de personalidade
    • Recoñecemento médico
    • Curso selectivo

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión