Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
74 prazas de auxiliar de policía local en concellos de Galicia
A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes convoca o proceso selectivo unitario para a provisión, mediante contrato laboral temporal, de postos de auxiliares de policía local. O sistema de selección será por oposición libre.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 21/04/2026
Prezo:
Taxa de 26,99 euros.
Requisitos:
Cumprir os dezaoito anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
Ter a nacionalidade española ou dun Estado membro da Unión Europea, así como tamén as persoas estranxeiras con residencia legal en España, nos termos previstos no artigo 52 da Lei 2/2015, do 29 de abril.
Ter superada a educación secundaria obrigatoria, título de graduado escolar ou equivalente.
Non ser despedido/a mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder á mesma categoría profesional á que pertencía.
Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento PR461A
Relación de prazas:
A Estrada 3
A Guarda 4
A Illa de Arousa 3
Arteixo 4
Baiona 8
Barbadás 1
Bergondo 2
Boiro 3
Cabanas 2
Cedeira 2
Marín 3
Melide 3
Miño 1
Moaña 6
Mondoñedo 2
Mugardos 3
Negreira 1
Noia 2
O Barco de Valdeorras 2
Oleiros 4
Poio 6
Ponteceso 2
Rianxo 2
Soutomaior 2
Vilagarcía de Arousa 3
Probas selectivas:
Primeira proba: proba de avaliación de coñecementos. Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 50 preguntas tipo test.
Segunda proba: proba de avaliación do coñecemento da lingua galega. Estarán exentas da realización desta proba aquelas persoas que estean en posesión do título Celga 3 ou equivalente.
Terceira proba: probas de aptitude física.
Curso de formación. As persoas aspirantes aprobadas e as incluídas na listaxe de reserva deste proceso selectivo deberán superar un curso de formación teórico-práctico na Agasp.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible