Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Praza de peón ou peoa de brigada no Concello de Muros
O Concello de Muros convoca proceso selectivo, mediante o sistema de concurso-oposición, para a cobertura en propiedade dunha praza
de peón ou peoa de brigada (Grupo V), como persoal laboral fixo.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 01/06/2026
Requisitos:
Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público.
Ter cumpridos os 16 anos de idade e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
Estar en posesión do carné de conducir tipo B.
Estar en posesión do certificado de escolaridade, equivalente ou superior.
Certificado acreditativo do coñecemento da lingua galega correspondente ao nivel CELGA 1 ou equivalente. As persoas aspirantes que non o acrediten deberán realizar a proba específica de coñecemento de lingua galega.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible