Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Prazas para Programa de Inclusión Social 2026/2027 do Concello de Ferrol
O Concello de Ferrol convoca proceso selectivo, polo procedemento de concurso-oposición, para a selección de persoal funcionario interino para o desenvolvemento do Programa de Inclusión Social 2026/2027: 1 praza de licenciado/a en dereito, 3 prazas de traballador/a social, 2 prazas de orientador/a laboral e 1 praza de educador/a social.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 23/12/2025
Requisitos:
Posuír nacionalidade española ou a de calquera outro estado membro de Unión Europea, ou nacional dalgún Estado no que, en virtude dos Tratados Internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
Non exceder da idade legal de xubilación.
Estar en posesión da seguinte titulación:
- Licenciado/a en dereito: título universitario oficial de licenciado/a ou graduado/a en Dereito ou equivalente
- Traballador/a social: título universitario oficial de graduado/a ou diplomado/a en traballo social ou equivalente
- Orientador/a laboral: título oficial de graduado/a ou diplomado en Educación social, graduado/a ou licenciado/a en Psicoloxía, Pedagoxía, Psicopedagoxía, Socioloxía, graduado/a ou diplomado/a en Relacións Laborais ou graduado ou licenciado/a en Ciencias do Traballo, Ciencias Económicas, Ciencias Empresariais ou equivalente.
- Educador/a social: título oficial de graduado/a ou diplomado en en Educación Social ou equivalente.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible