Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Procesos selectivos para acceso á condición de persoal estatutario fixo do Ministerio de Sanidade

O Ministerio de Sanidade convoca procesos selectivos, por concurso-oposición, para cubrir prazas nas categorías de: titulado/a superior da función administrativa Administración Sanitaria, titulado/a medio da función administrativa, enxeñeiro/a técnico/a, enfermeiro/a, titulado/a administrativo/a Administración Sanitaria, técnico/a Ssuperior en Laboratorio de Diagnóstico Clínico e Biomédico, técnico/a superior en Hixiene Bucodental e técnico/a superior en Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 08/06/2026

Requisitos:

  • Titulado/a superior da función administrativa Administración Sanitaria: grao, licenciatura universitaria, enxeñería, Arquitectura ou equivalente.
  • Titulado/a medio da función administrativa: enxeñería técnica, diplomatura universitaria, Arquitectura técnica ou grao.
  • Enxeñeiro/a técnico/a: enxeñería técnica, título de grao en Enxeñería, ou equivalente.
  • Enfermeiro/a: grao en Enfermería ou diplomatura universitaria en Enfermería, ou titulación equivalente.
  • Titulado/a administrativo/a Administración Sanitaria: título de Bacharel ou Formación Profesional de grao superior ou equivalente.
  • Técnico/a superior en Laboratorio de Diagnóstico Clínico e Biomédico: título de Formación Profesional de técnico superior en Laboratorio Clínico e Biomédico, ou titulación equivalente.
  • Técnico/a superior en Hixiene Bucodental: título de Formación Profesional de técnico superior en Hixiene Bucodental, ou titulación equivalente.
  • Técnico/a superior en Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear: título de Formación Profesional de técnico superior en Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear, ou título de Formación Profesional de segundo grao Rama Sanitaria especialidade Radiodiagnóstico, ou titulación equivalente.

Páxina web:

www.ingesa.sanidad.gob.es

Contacto:

Instituto Nacional de Xestión Sanitaria

Rúa Alcalá, 56, Madrid

Correo electrónico: ope2025@ingesa.sanidade.gob.es

Teléfono de información: 060

Publicación:

Prazas convocadas:

  • Titulado/a superior da función administrativa Administración Sanitaria: 5 prazas de acceso libre
  • Titulado/a medio da función administrativa: 1 praza de acceso libre
  • Enxeñeiro/a técnico/a: 2 prazas de acceso libre
  • Enfermeiro/a: 15 prazas de acceso libre
  • Titulado/a administrativo/a Administración Sanitaria: 2 prazas de acceso libre
  • Técnico/a superior en Laboratorio de Diagnóstico Clínico e Biomédico: 6 prazas de acceso libre
  • Técnico/a superior en Hixiene Bucodental: 1 praza de acceso libre
  • Técnico/a superior en Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear: 8 prazas de acceso libre.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión