Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Grao en Información e Documentación

Nivel de estudos
Ensinanzas universitarias de Grao oficiais (GRAOS oficiaiss)
Información xeral

Ofertado por: Universidade da Coruña

Rama de coñecemento: Artes e Humanidades

Requisitos
  • Bacharelato e superación das PAAU
  • Titulados de Ciclos Formativos de Grao Superior
  • Titulados Técnicos Superiores de Ciclos de Artes
  • Probas de acceso á Universidade para maiores de 25
  • Probas de acceso á Universidade para maiores de 45
Perfil profesional

Ámbito: A información e documentación son os núcleos centrais que comparten os profesionais que traballan en bibliotecas, centros de documentación e arquivos, e como xestores/as de contidos de todo tipo de organizacións. O obxectivo deste grao é formar profesionais nos métodos de clasificación e catalogación de libros e documentos, nos diferentes sistemas de arquivo, nas normas de catalogación e clasificación, na organización de bibliotecas e no uso das fontes de información bibliográfica. Ademais será básica a formación en aspectos relacionados coa organización dos centros e coa aplicación das novas tecnoloxías.

Sectores: Bibliotecas (xerais e especializadas), arquivos (Administración pública e empresas), centros de información e documentación (medios de comunicación, editoriais, hospitais, empresas), empresas de servizos de documentación

Profesións para as que capacita: Planificar, organizar avaliar sistemas, unidades e servizos de información; adquisición, ordenación racional e técnica do almacenamento de documentos de calquera tipo de soporte (papel, informático etc); seleccionar, organizar, recuperar e difundir información; estudar, analizar e mellorar procesos de produción e uso da información baixo criterios de calidade; aplicar as tecnoloxías da información nas unidades e servizos de información, estudar, analizar e deseñar políticas e servizos de información, analizar as necesidades de información e asesorar e formar produtores e clientes de servizos de información; obter, tratar e interpretar datos do contorno das unidades e servizos de información; deseñar políticas de preservación e conservación dos fondos documentais; obter, tratar e interpretar datos do contorno das unidades e servizos de información; deseñar políticas de preservación e conservación dos fondos documentais; labores de docencia e investigación. Poden ocupar os seguintes postos: arquiveiro/a, bibliotecario/a, documentalistas e xestores/as da información, axudantes de arquivos e bibliotecas da Administración pública.

Plano de estudos

Distribución de ETCS por tipo de materia: 

Tipo de materia

Formación básica

Obrigatorias

Optativas*

Prácticas externas

Traballo fin de grao

Total

Créditos ECTS

60

126

36

12

6

240

*As materias optativas cúrsanse en cuarto 

Plano de estudos

PRIMEIRO CURSO

Tipo de materia

Materia

Créditos

Formación básica

Introdución á Antropoloxía Socio-Cultural

6

Formación básica

Introdución á Historia

6

Formación básica

Xeografía Humana

6

Formación básica

Informática Aplicada

6

Formación básica

Fundamentos de Teoría e Xestión da Información

6

Formación básica

Sistema do Coñecemento: Filosofía, Ciencia e Tecnoloxía

6

Formación básica

Socioloxía

6

Formación básica

Xestión de Empresa e Institucións Culturais

6

Formación básica

Inglés Aplicado

6

Formación básica

Literatura Española

6

SEGUNDO CURSO

Tipo de materia

Materia

Créditos

Obrigatoria

Documentación Xeral

6

Obrigatoria

Biblioteconomía

6

Obrigatoria

Análise Documental

6

Obrigatoria

Bibliografía e Fontes de Información

6

Obrigatoria

Informática Documental

6

Obrigatoria

Análise Documental de Contido

6

Obrigatoria

Arquivística

6

Obrigatoria

Estatística

6

Obrigatoria

Catalogación Descritiva de Documentos Especiais

6

Obrigatoria

Aspectos Xurídicos de Acceso á Información

6

TERCEIRO CURSO

Tipo de materia

Materia

Créditos

Obrigatoria

Planificación e Xestión de Unidades de Información

6

Obrigatoria

Catalogación Formal de Documentos Electrónicos

6

Obrigatoria

Xestión de Documentos Administrativos

6

Obrigatoria

Fontes de Información Especializadas

6

Obrigatoria

Bases de Datos Documentais

6

Obrigatoria

Linguaxes de Indización Terminolóxica

6

Obrigatoria

Xestión da Colección

6

Obrigatoria

Linguaxes de Clasificación Alfanuméricas

6

Obrigatoria

Xestión de Calidade nas Organizacións Documentais

6

Obrigatoria

Estudos de Usuarios

6

CUARTO CURSO

Tipo de materia

Materia

Créditos

Optativa

Natureza e Evolución das Unidades de Información

6

Optativa

Arquivos Municipais

6

Optativa

Políticas de Información

6

Optativa

Administración de Arquivos Históricos

6

Optativa

Arquivos de Empresas

6

Optativa

Bibliotecas Dixitais

6

Optativa

Fontes de Información en Ciencia e Tecnoloxía

6

Optativa

Prevención e Conservación Documental

6

Optativa

Deseño de Recursos Informativos en Web

6

Optativa

Recuperación e Avaliación da Información Electrónica

6

Obrigatoria

Técnicas Documentais Aplicadas á Investigación Científica

6

Optativa

Promoción de Servizos en Unidades de Información

6

Optativa

Documentación en  Medios de Comunicación

6

Obrigatoria

Prácticum (prácticas externas)

12

Obrigatoria

Traballo Fin de Grao

6

Máis información
Normativa Legal
Memoria do Grao en Información e Documentación

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión