Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Técnico Superior en Anatomía Patolóxica e Citolóxica (LOXSE)
Nivel de estudos
Formación Profesional. Ciclo Superior (GRAO SUPERIOR)
Duración
2000 horas
Información xeral
Familia profesional: Sanidade
Requisitos
Título de Bacharel da LOE.
Título de Bacharel da LOXSE.
2º curso do bacharelato experimental.
Curso de Orientación Universitaria (COU) ou preuniversitario (PREU).
Título de técnico especialista (FP2), técnico superior ou equivalente para efectos académicos.
Título universitario ou equivalente para efectos académicos.
Ter superada a correspondente proba de acceso aos ciclos superiores.
Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos (participará no proceso selectivo coa cualificación de 5 puntos para os efectos de baremación).
Perfil profesional
Ámbito: Realizar, ao seu nivel, necropsias; procesar biopsias e realizar o estudo citolóxico de mostras clínicas, interpretar e validar os seus resultados técnicos para que sirvan como soporte ao diagnóstico clínico ou médico-legal, organizar e programar o traballo e cumprir os criterios de calidade do servizo e de optimización de recursos, baixo a supervisión correspondente.
Sectores: Sector sanitario, tanto en atención primaria como nos servizos xerais de apoio ao diagnóstico de atención especializada, en institutos anatómico-forenses, realizando necropsias e procesando pezas necrópsicas, e en laboratorios de centros de investigación biolóxica humana e animal, procesando mostras de tecidos. Principais subsectores: atención primaria e comunitaria (laboratorios de citoloxía, laboratorios de unidades de detección precoz do cancro e laboratorios de centros de planificación familiar), servizos xerais hospitalarios (laboratorios de anatomía patolóxica e citoloxía), institutos anatómico-forenses (salas de necropsias), laboratorios de anatomía patolóxica, centros de investigación (laboratorios).
Profesións para as que capacita: Técnico especialista en Anatomía Patolóxica, citotécnico, axudante de forense.
Plano de estudos
HORAS TOTAIS
DENOMINACIÓN DOS MÓDULOS
1º, 2º e 3º trimestre
80
Organización e xestión da área de traballo asignada na unidade/gabinete de anatomía patolóxica e citoloxía
160
Necropsias
265
Proceso de tecidos e citopreparación
265
Citoloxía xinecolóxica
55
Fotografía macro e microscópica
55
Formación e orientación laboral
4º, 5º e 6º trimestre
120
Citoloxía de segregacións e líquidos
120
Citoloxía de mostras non xinecolóxicas obtidas por punción
90
Proxecto integrado
710
Formación en centros de traballo
Observacións
Acceso a outros estudos: Estudos universitarios de grao
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible