Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Formación Profesional. Ciclo Superior (GRAO SUPERIOR)
Duración
2000 horas
Información xeral
Familia Profesional: Actividades agrarias
Referente Europeo: CINE-3
Requisitos
Título de Bacharel da LOE.
Título de Bacharel da LOXSE.
2º curso do bacharelato experimental.
Curso de Orientación Universitaria (COU) ou preuniversitario (PREU).
Título de técnico especialista (FP2), técnico superior ou equivalente para efectos académicos.
Título universitario ou equivalente para efectos académicos.
Ter superada a correspondente proba de acceso aos ciclos superiores.
Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos (participará no proceso selectivo coa cualificación de 5 puntos para os efectos de baremación).
Perfil profesional
Ámbito: Proporciona os coñecementos necesarios para realizar proxectos de xardín e zonas verdes e xestionar a produción de plantas e a produción agrícola, supervisando os traballos, programando e organizando os recursos materiais e humáns dispoñibles, aplicando criterios de rendabilidade económica e cumprindo coa normativa ambiental, de produción ecolóxica, de produción de viveiro, de control de calidade, de seguridade alimentaria e de prevención de riscos laborais. Organizar, controlar e realizar tratamentos praguicidas segundo a actividade regulada pola normativa vixente.
Sectores: A área de xestión en grandes, medianas e pequenas empresas, públicas ou privadas, tanto por conta allea como por conta propia, adicadas á instalación, restauración e mantemento de parques e xardíns, restauración da paisaxe, produción agrícola convencional ou ecolóxica e produción de sementes e prantas en viveiro.
Profesións para as que capacita: Deseñador/a de zonas axardinadas que non requiran a redación dun proxecto; encargado/a da instalación de parques, xardíns e áreas recreativas urbanas e periurbanas; encargado/a de mantemento, conservación e restauración de xardíns e parques (áreas recreativas urbanas e periurbanas e medio natural); traballador/a por conta propia en empresa de xardinaría e restauración da paisaxe; encargado/a de obras de xardinaría e restauración da paisaxe; encargado/a de podas e operacións de cirurxía arbórea; encargado/a ou capataz agrícola de hortas, viveiros e xardíns, en xeral; encargado/a de viveiros en xeral , tanto convencionais coma ecolóxicos; encargado/a de propagación de plantas en viveiro; encargado/a de cultivo de plantas en viveiro; encargado/a de colleita de sementes e froitos en altura; encargado/a de produción de sementes e terróns de céspede.
Plano de estudos
HORAS TOTAIS
DENOMINACIÓN DOS MÓDULOS
1º curso
80
Botánica agronómica
212
Xestión e organización do viveiro
107
Fitopatoloxía
107
Topografía agraria
186
Maquinaria e instalacións agroforestais
160
Deseño de xardíns e restauración da paisaxe
107
Formación e orientación laboral
2º curso
193
Planificación de cultivos
210
Xestión de cultivos
175
Conservación de ardíns e céspedes deportivos
53
Empresa e iniciativa emprendedora
26
Proxecto de paisaxismo e medio rural.
384
Formación en centros de traballo
Observacións
Acceso a outros estudos: Estudos universitarios de grao.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible