981 202 095
A Fundación ADCOR (Adultos con Discapacidade da Coruña) é unha entidade sen ánimo de lucro que foi creada co obxectivo de acadar a integración social e laboral das persoas maiores de 18 anos con discapacidade intelectual e/ou plurideficiencia. É unha institución de carácter benéfico-asistencial e declarada de interese galego pola Consellería de Sanidade e Servizos Sociais da Xunta de Galicia.
Actividades da entidade
Servizos de información, orientación e asesoramento, formación, emprego, vivenda e ocio.
Proxectos de acción voluntaria
Ocio e tempo libre, ben a través de actividades semanais (impartindo clases dalgunha área do seu interese como poden ser pintura, cociña...) ou a través de actividades que se levan a cabo durante a fin de semana (cine, karaoke, concertos...). Ademais, pódese participar en campamentos e viaxes durante o ano. A misión das persoas voluntarias é a de acompañamento e apoio, se a persoa con discapacidade o precisar, para que este colectivo poida sacar o máximo partido do seu tempo libre e mellorar as súas condicións sociais.
Os días 20/02/2026, 13/03/2026
Dende o 26/01/2026 ata o 30/01/2026
Dende o 05/12/2025 ata o 28/12/2025
Dende o 06/12/2025 ata o 26/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible