Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Estudos de artes plásticas e deseño

Grao medio:

  • Para acceder ao grao medio será necesario o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria e superar unha proba (proba específica).
    • Se non se dispón do título da ESO, pero tense 18 anos, tamén se pode acceder superando unha proba de madurez, ademais da específica.
  • Quen supere os ensinos de grao medio recibirán o título de Técnico en artes plasticas e deseño na modalidade ou especialidade correspondente.

Grao superior:

  • Para acceder ao grao superior será necesario o título de Bacharel e superar unha proba (proba específica).
    • Tamén existe unha proba de acceso para quen non teñan o título de Bacharel, pero deben ter 19 anos de idade (proba de mardurez + proba específica)
  • Quen supere os ensinos de grao superior recibirán o título de Técnico Superior en artes plásticas e deseño na modalidade ou especialidade correspondente.

Estudos superiores de deseño

A finalidade destes ensinos é a formación de deseñadores capaces de concibir e fundamentar un proceso creativo, analizar, xestionar, transmitir valores, difundir cultura e adquirir responsabilidades sociais e ambientais.

A duración destes estudos é de 4 cursos académicose de 60 créditos cada un cun total de 240 créditos ECTS.

Ao finalizar os estudos obtense o Título Superior de Deseño, na especialidade correspondente.

As especialidades son:

  • Deseño de Interiores
  • Deseño Gráfico
  • Deseño de Produtos
  • Deseño de Moda

Modalidades de acceso:

  • Acceso directo: con algún título de Técnico Superior en Artes Plásticas e Deseño.
  • Acceso mediante proba específica: para as persoas que teñen o título de Bacharel. Esta proba constará de 2 partes.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión