Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Ensinos superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais

Os ensinos superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais teñen como finalidade proporcionar ao alumnado unha formación de calidade e garantir a cualificación das futuras e os futuros profesionais que se encargarán de preservar o patrimonio cultural tanxible para futuras xeracións. Estrutúranse e 3 niveis:

Grao en ensinos artísticos superiores de conservación e restauración de bens culturais

A finalidade destes ensinos é a consecución dunha formación científico-técnica, humanística e artística de calidade que garanta a cualificación das e os futuros profesionais da conservación e a restauración e capacítelles para a actualización e incorporación de novos coñecementos.

Duración: 4 cursos académicos de 60 créditos cada un cun total de 240 créditos ECTS.

Titulación: o alumnado que superase estes estudos obterá o Título de Grao en Ensinos Artísticos Superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais na especialidade que corresponda, que será equivalente, para todos os efectos, ao título universitario de grao. Sempre que a normativa aplicable esixa estar en posesión do título universitario de Grao, entenderase que cumpre este requisito quen estea en posesión do Título de Grao en Ensinos Artísticos Superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais.

Especialidades:

  • Conservación e Restauración de Pintura
  • Conservación e Restauración de Escultura
  • Conservación e Restauración de Bens Arqueolóxicos
  • Conservación e Restauración de Documento Gráfico
  • Conservación e Restauración de Téxtiles
  • Conservación e Restauración de Mobiliario

Creada en 1991 en Pontevedra, a Escola Superior de conservación e restauración de bens culturais de Galicia ofrece as especialidades de: Bens Arqueolóxicos, Escultura e Pintura.

Acceso

  • Acceso directo: quen estea en posesión dun título de técnico/a superior de Artes Plásticas e Deseño.
  • Acceso mediante proba: quen estea en posesión do título de Bacharel ou superar a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. A proba constará de 2 exercicios.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión