Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

O Curriculum Vitae

É a presentación breve e ordenada das túas principais experiencias académicas e laborais. O seu obxectivo é dar a coñecer o teu perfil profesional e conseguir unha entrevista de traballo. A ó o orientador laboral dirache como melloralo, pero aí van uns tips:

  • Contido habitual: datos persoais e de contacto, experiencia profesional, formación académica e complementaria (cursos, xornadas, seminarios...), idiomas e informática.
  • Debe ser claro, conciso, concreto e cunha estrutura que facilite a súa lectura.
  • Lembra que o CV sempre debe estar adaptado ao posto de traballo ao que se opta. Redacta un currículo completo, que recolla toda a túa vida laboral e as competencias adquiridas, e baseándoche nel, prepara currículos para cada oferta de traballo.
  • Coida a presentación destes documentos e revisar a ortografía antes de envialos.
  • Se non se ten moita experiencia de traballo ou ningunha, débese describir calquera experiencia de voluntariado, estudos ou intercambios no estranxeiro, prácticas e outras habilidades que teñas.
  • Currículo web: Utiliza as ferramentas que che ofrece Internet para crear un CV que poderás xestionar, actualizar ou compartir facilmente a través das redes sociais ou correo electrónico. Podes utilizar Europass.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión