Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Se o teu son os negocios, o mellor consello que che podemos dar é que che asesores. O Concello da Coruña pon á túa disposición un servizo de asesoramento gratuíto: /empresa/gl. Ponte en contacto con eles.
Aquí deixámosvos unha listaxe de webs de interese nas que poderedes atopar información clara e útil.
Información completa sobre creación e posta en marcha de empresas: decisión de emprender, plan de empresa, trámites administrativos e fiscais, financiamento, contratación de empregados, protección de datos, propiedade industrial, internacionalización...
O seu obxectivo principal é facilitar a localización e realización de trámites e requisitos a satisfacer para o inicio ou exercicio de actividades empresariais ou profesionais tendo en conta a forma xurídica elixida e a localización xeográfica.
Centro de Información e Rede de Creación de Empresas. Punto de Atención ao Emprendedor - PAE (Goberno de España): https://paeelectronico.es/
Sistema de información que permite realizar de forma telemática os trámites de constitución e posta en marcha de determinadas sociedades mercantís en España e a constitución como persoa autónoma. Deberase cumprimentar o Documento único electrónico (DUE) que engloba multitude de formularios e, de forma automática, o STT realiza todos os trámites necesarios comunicándose con todos os organismos implicados (Axencia Tributaria, Seguridade Social, Axencia Española de Protección de Datos, Oficina Española de Patentes e Marcas, etc.).
PAE físicos: proporcionan servizos de información e asesoramento e realizan os trámites administrativos de constitución a través do DUE.
PAE virtual: no que a propia persoa emprendedora pode realizar a tramitación.
Información, atención, asesoramento e acompañamento para posta en marcha de iniciativas emprendedoras, xa sexas empresa ou persoa emprendedora.
Guías que recollen todos os trámites necesarios para levar adiante un proxecto empresarial segundo a súa actividade (restaurantes ou cafeterías, hoteis, comercio polo miúdo - ecommerce, talleres de reparación de vehículos automóbiles, campamentos de turismo, instalacións térmicas en edificios, elaboración de produtos lácteos, empresas e establecementos funerarios, centro de servizos sociais, gasolineiras, albergues turísticos, empresas instalador/as de baixa tensión, establecemento de acuicultura na parte litoral e interior da zona terrestre, comercio de produtos artesáns, almacenamento valorización e eliminación de residuos, entidades de formación para o emprego, empresas conservadoras de ascensores e parques eólicos...) e ferramentas de negocio: https://oficinaeconomicagalicia.xunta.gal/é/asesoramento/guias-e-ferramentas-de-negocio/
Concellos emprendedores.
Iniciativas empresariasi prioritarias e proxectos industriais estratéxicos
Oficina virtual de emprego autónomo (Xunta de Galicia): https://oficinadoautonomo.gal/ Instrumento para unificar e potenciar a atención ás persoas traballadoras autónomas que desenvolven a súa actividade en Galicia. Deste xeito, dispoñen dun espazo integral de servizos aos que poderán dirixirse para consultar as súas dúbidas, solicitar información ou acceder a servizos especificamente deseñados para elas.
IGAPE. Instituto Galego de Promoción Económica. Unidade Galicia Emprende (Xunta de Galicia): www.igape.es
Cepyme (Confederación Española da Pequena e Mediana Empresa): https://cepymeemprende.es/. Recursos, ferramentas e material didáctico para persoas emprendedoras.
Rede Emprendeverde (Goberno de España): http://www.redemprendeverde.es Iniciativa de Fundación Biodiversidade para fomentar a creación e consolidación de empresas ou novas liñas de negocio en actividades vinculadas ao medio ambiente.
Instituto Nacional de Ciberseguridade (Goberno de España): www.incibe.es
Igualdade laboral (Xunta de Galicia). Web coa información necesaria para que as empresas poidan integrar o principio de igualdade na súa estratexia: aigualdadelaboral.gal/es
Responsabilidade social empresarial. Ferramenta PROL- RSE para facilitar a implantación da RSE e elaborar as súas memorias de sustentabilidade: https://rse.xunta.gal/
Portal da Cámara de Comercio de España: www.camara.es
Erasmus Novos Emprendores. Programa de intercambios transnacionais que lles ofrece a emprendedores noveis e persoas que desexan crear unha empresa a oportunidade de aprender de empresarios/as experimentados/as que dirixen pequenas empresas noutros países participantes: www.erasmus-entrepreneurs.eu
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible