Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Garantía xuvenil

Se tes entre 16 e 29 anos e non estás nin traballando nin estudando, inscríbeche en Garantía Xuvenil. Con este programa da UE terás acceso a orientación laboral e un plan de formación que che faciliten o acceso ao mercado laboral. Nalgúns casos, ademais, as empresas poden ter determinados beneficios por contratar a persoas novas inscritas en Garantía Xuvenil.

Requisitos

  • Ter nacionalidade española ou ser cidadáns da Unión Europea ou dos Estados parte do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo ou Suíza que se atopen en España en exercicio da libre circulación e residencia. Tamén se poderán inscribir as persoas estranxeiras titulares dunha autorización para residir en territorio español que habilite para traballar.
  • Estar empadroado/a en calquera localidade do territorio español.
  • Ter máis de 16 anos e menos de 30 anos.
  • Non traballar no día natural anterior á data de presentación da solicitude.
  • Non recibir accións educativas nin formativas no día natural anterior á data de presentación da solicitude.
  • Presentar unha declaración expresa de ter interese en participar no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Inscrición

Para ser beneficiario da Garantía Xuvenil é necesario acceder ao ficheiro do Sistema de Garantía Xuvenil para inscribirse. Podes facelo das seguintes maneiras:

  • Acceso ao rexistro con DNI electrónico ou certificado dixital ou a través do Sistema Cl@ve.
  • Acceso con usuario e contrasinal. Tamén podes iniciar a túa inscrición cumprimentando o formulario na web. Durante o proceso, pediráseche un contrasinal que poderás utilizar para entrar ao teu perfil de Garantía Xuvenil en futuras ocasións.

Unha vez que efectúes o rexistro tes que esperar a que notifiquen que aceptaron a túa solicitude (isto pode tardar uns días).

Xa estou inscrito/a, que teño que facer?

Unha vez que che notificasen a túa inscrición, terás acceso a ofertas de traballo, formación para o emprego, formación en emprendemento, prácticas internacionais... Periodicamente recibirás información destas oportunidades.

No apartado de convocatorias da nosa web poderás comprobar que entidades teñen actividades e programas para persoas novas inscritas en Garantía Xuvenil na nosa cidade.

Ademais, existen algunhas entidades que colaboran de maneira permanente con Garantía Xuvenil. Contacta con elas. Na Coruña tes as seguintes:

Cámara de Comercio, Industria e Navegación da Coruña

Programa PICE (Programa de Cualificación e Emprego)

R/ Alameda, 30-32, 1.º 15003 - A Coruña

Tel.: 981 216 072

pice@camaracoruna.com

www.empleoygarantiajuvenil.es

(Con cita previa)

Cruz Vermella Española na Coruña

Programa para mocidade inscrita en Garantía Xuvenil

R/ Cruz Vermella Española, 1, 15002 - A Coruña

Tel.: 981 221 000

www.cruzvermella.org

Fundación Paideia

Praza de María Pita, 17, 15001 - A Coruña

Tel: 981 817 000

www.paideia.es/talleres-socio-ocupacionais/

Fundación Once

Cantón Grande, 3, 1º. 15003 - A Coruña

Tel.: 981 145 109

belen.almagro.fsc@fundaciononce.es

Destinatarios/as: persoas novas con discapacidade

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión