Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Quedaches con algunha dúbida? Ponte en contacto connosco se necesitas ampliar a información.

Que son as viviendas de protección oficial?

Son vivendas que teñen limitado o prezo tanto para o alugamento como para a venda. As vivendas de protección son declaradas así polo organismo autonómico competente. Hai dous tipos: as viviendas de promoción pública e as viviendas de promoción privada.

Que é unha vivienda de promoción pública (VPP)?

Son as viviendas promovidas (é dicir construidas) por unha administración pública. Son as vivendas protexidas máis baratas, por iso adoitan estar reservadas para unidades familiares de rendas máis baixas. O prezo da compra ou do alugueiro variará en función dos ingresos da unidade familiar: as rendas máis baixas pagarán menos polas vivendas.

Que é unha vivienda de promoción privada (VPA)?

Son vivendas promovidas por unha empresa privada, máis baratas que a vivenda libre, xa que a lei pon un límite ao seu prezo de venda ou alugamento. En Galicia chámanse viviendas de protección autonómica (VPA).

Que requisitos teño que cumprir para ter acceso a unha vivenda de protección oficial?

Non ter vivenda en propiedade (con excepcións), non superar o máximo de ingresos que se fixe para cada tipo de vivienda, e inscribirte no Rexistro de Demandantes de Vivienda de Galicia. Nas viviendas de promoción pública ademais, terás que estar empadroada/o ou traballando no concello no que a solicitas.

Que é o Rexistro de Demandantes de Vivienda de Galicia?

É o rexistro no que terás que inscribirte se queres optar a unha vivenda de protección. Podes facelo en liña na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=VI428C&ano=2016&numpub=1&lang=gl . No apartado de inscrición terás que sinalar cal é a tú opción preferente, e no de anotacións o resto das túas preferencias.

Entón, se non fago a inscrición no Rexistro de Demandantes de Vivienda de Galicia non poderei optar a unha vivenda de protección?

Non. A única excepción son as das persoas socias dunha cooperativa de vivendas.

Como se adxudican as VPP?

Por sorteo entre as persoas inscritas no Rexistro de Demandantes de Vivenda.

Podo comprar directamente unha VPP de segunda man?

Se a persoa propietaria dunha VPP quere vendela, terá que facelo a través dun sorteo entre as persoas inscritas no Rexistro, así que non, no poderás comprala directamente.

Como teño que facer se quero comprar unha VPA?

Terás que solicitar que te inclúan no sorteo desa promoción.

Como me entero de que se vai vender unha promoción de vivenda nova?

Na páxina do Instituto Galego da Vivenda e Solo: http://igvs.es/web/igvs/portada

E se quero comprar unha VPA de segunda man?

Podes contactar directamente coa persoa vendedora, pero terás que ter a inscrición no Rexistro de Demandantes de Vivenda.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión